Hoxe, xoves, ás 10 da mañán, terá lugar o pleno de organización do Concello de Muros, nel decidirase a composición das distintas comisións, dedicacións e retribucións do equipo de goberno. Tamén se decidirá a periodicidade das sesións etc.
Polo de pronto, xa temos sobre a mesa a proposta da alcaldía, que agora deberá ser refrendada ou non polo pleno da corporación. Polo tanto xa podemos facer unha primeira lectura pois é toda unha declaración de intencións.
- Na proposta plantéxase pasar de 1 pleno ao mes como ata de agora a 1 pleno cada dous meses. Semella que que non lles gosta render contas
- O alcalde pasa de cobrar 12 pagas de 1200 euros a 14 pagas de 2500, engadese ademais unha dedicación exclusiva de 14 pagas e 1800 euros e dúas parciais de 12 pagas de 1200 euros cada unha. Ademais dous membros do equipo de goberno cobraran por asistencias a Xunta de goberno ( 70 euros por reunión), Plenos (50 euros por pleno) e Comisións informativas (50 euros por reunión)
- A proposta económica de retribucións eleva o gasto de 70 800 euros anuais que houbo no 2010 a 99 800 euros.Isto se chama actuar en consonancia coas recomendacións de Zapatero de axustarse o cinturon e de rebaixar salario aos funcionarios, conxelar as pensións e recortar en xeral as prestacións socias aos cidadáns.
- Chamarlle dedicación parcial á dedicación da alcaldesa, é só unha argucia legal para burlar a incompatibilidade dunha dedicación exclusiva co traballo de procuradora, tal e como lle pasou na Deputación onde o seu Presidente tivo que obligarlle a escoller entre unha cousa e outra.
- Organizativamente semella unha chapuza inoperativa. Que na Xunta de Goberno só figuren os concelleiros que non teñen delegación e non esté, por exemplo, o concelleiro delegado de obras, ou que o 1º tenente de alcalde non teña ningunha competencia ou que os presidentes das comisións informativas de educación non sexa a concelleira delegada. Só ten unha explicación : tratase dunha componenda para poder cobrar todos e mitigar o cabreodos concelleiros que quedaron sen dedicación
O BNG sempre foi partidario duns salarios dignos para retribuir o traballo dos cargos públicos, pero está proposta non semella razonable no organizativo é resulta abusiva no económico. O plano organizativo deixámolo para máis adiante agora centraremonos no económicoNon semella lóxico que no contexto actual, cando se están efectuando recortes e esixindo sacrificios aos cidadáns, veña unha corporación a aumentar o gasto en 29 000 euros é dicir un 41% mais.
Non é, máxime, se partimos da base que hai apenas un ano e tres meses, a actual alcaldesa e daquela portavoz socialista, aproveitou a ausencia por motivos de saúde dunha concelleira embarazada e doutra concelleira por motivos de traballo, para incluír por urxencia, pese a advertencia do secretario de que iso era nulo de pleno dereito,e redactando no propio pleno, unha moción retirandole o salario ao equipo de goberno anterior.
O asunto foi grave, pois o acordo tivo que ser declarado nulo, pero pensamos daquela, cecais inxenuamente, que se trataba dunha gamberrada política, é dicir dunha arroutada que só tiña intención de poñer atrancos na labor de goberno e seguir alimentando a estratexia da crispación.
Máis chegado o 30 de maio, 8 días despois de celebradas estas últimas eleccións, Caridad González como portavoz socialista, presenta un recurso no xuzgado para declarar nulo o acordo que anulaba a retirada de soldos, epretende que os concelleiros devolvan os salarios percibidos desde aquela. Isto xa non é o froito dunha arroutada senón algo pensado e meditado, faise iso a sabendas de que este xoves hai que decidir precisamente sobre as retribucións. Tal comportamento reflicte ás claras o xeito de entender a política desta persoa e pretende manter viva tamén nesta lexislatura a crispación na sociedade, non se busca o beneficio do pobo, senon facer todo o mal que se poida ao adversario ( para ela enemigo) político
Se pensa que o que fai traballo público debe ser remunerado debería empezar por retirar esa demanda e pedir desculpas por tal comportamento.
Se, polo contrario, segue a opinar que os labores de goberno non merecen unha retribución, o que debería retirar é a súa actual proposta, simplemente por pura coherencia, de non ser así, é de supoñer que será o resto da corporación quen lle faga ver esa contradición. E xa se sabe «contra o vicio de pedir está a virtude de non dar»
No hay comentarios:
Publicar un comentario