lunes, 27 de octubre de 2008

ALPENDRE

Alpendre.-

< lat appendĕre ‘pendurar, colgar’
port: alpendre cast:alpendre/alpende ingl: tool shed, lean-to
s m Dependencia de almacenaxe construída normalmente a carón da casa tradicional agraria ou mariñeira para gardar o carro, a embarcación, os apeiros de labranza ou para abrigar os traballos agrícolas e obradoiros artesanais nos días de chuvia.
SIN: alboio, arrimo, cabana, cabanel, chapitel, combarrizo, cuberto, pallote, pendello.


O de pendello é o que máis lle convén ao alboio de SALAS.

sábado, 25 de octubre de 2008

MALHUMOR

MALHUMOR DE SALAS NO CORREO GALLEGO





________________________________________________________
================================================__________________________________________________

NA QUINTANA.
GHABACHA 20.10.2008 16.30
Non cabe a menor dúbida, no Cortello de Salas, reside a soberanía, a caixa “natural” dos tronos de canta repelús de bigote encrespado navega polo mundo da enquina. Tódolos desnaturizados, desclasados, renegados, apóstatas, mamelucos da sombra se autoconvocan, se autorrecoñecen e se autoproclaman ao abeiro do Lápiz. Pensador importante…

A “bilingüista natural, sen enfrontamentos” pula por que os “galegos non deveñan máis torpes por culpa de que os cativos estuden o idioma do páis desde a nenaza. Nin máis nin menos. E, como a becaria acaba de voltar de recoller o pampillo nos Alpes da Suíza, o argumento ten un valor exemplarizante, no só helvético (polo dos idiomas e dialectos que alí se estudan, se coidan e se falan sen o menor sen perder a compostura) senón europeo, ata diría que universal, incluíndo na aposta á lingua dos lagartos, que –coma é ben sabido- eles buscan apropiarse do sol para anular os ciclos.

A lección de austeride, aprendida Pirineos arriba, ademais de complementaria, - non nos enganemos - tamén vai polo mesmo camiño. Porque a “¡valquiria!” – hai nomes que, desde logo, delatan fraquezas ou delirios de grandeza - busca un lugar na historia da estupidez humana. En fin.

“Los que perdieron las elecciones mandan demasiado”… Cando o Nero aprenda os restos diso que a singular moza chama “nuestras ideas” (democráticas) ha flipar e ficar encantado. Nero ten infraestructura mental dabondo para facerse cargo da complexida mental da dictrina: Foi comunista de traer e de levar recados dos quince aos dezaoito. Iso imprime carácter para o resto da vida.

=========================================
¡Eh, Ártabro, tío, para o carro na Grela..! Non eran 700. Eran setecentos e PICO. Unha representación moi digna do 80% ( ¡¡¡¿¿!!!??) dos catelán falantes na GaliZa…

A xente viaxada (por fóra) domina as estadísticas (por dentro).




NA QUINTANA.
GHABACHA 20.10.2008 13.51GHABACHA 20.10.2008 13.51

Entrar no excurso de Nerón é darlle creto para navegar á brétema, perderse nas comisuras do vento, baillar a muiñeira cun pé fóra da cama, esixirlle unha lección maxuistral sobre as vías místicas ao percebe, e así sucesivamente. El tómase o seu papel en serio. Faltaría máis, está no seu dereito. Pero a risa, cando se quere ceibar, non lle pide perdón nin permiso á lira do emperador pirómano. Desde logo, unha grave inxustiza.



NA QUINTANA.
GHABACHA 20.10.2008 11.35
Non dás unha, Lápiz. A viñeta de hoxe correnpondríalle á grande manifestación bilingüe do CORCOBA, da repelús de Lugo e do cobrador do frac residente en Santiago. Alí estaba la crème de la crème. Por faltar, só faltaba o Lelo, quen, por oficio, tiña comprometida a súa presenza en Madrid para *oder a Rubal.





Coma deixou ben patente onte o LápizFeroz, o meu esfínter solitario non dá para abrirlles camiño doado aos meus (“presuntos”) neuronios, que fican así coma alelados - con perdón do aresano – ou distraídos, na inopia. Tódolos indicios apuntan na dirección de que as miñas fixacións son desmesuradas, indebidas e, se se me apura, ata inxustas; porque os antecedentes, perfectamente documentados, do Salas non revelan servidume ningunha ao franquismo nin a calaquera outro poder material deste mundo. Mírelo por onde o mires, o Salas sae sempre impoluto e pola porta grande, á sombra das viñetas, que son o seu prezado pasaporte ao futuro. Desde logo, non se lle deben regatear os méritos. Pero ten un serio competidor no Nero, outro resistente (ex comunista infantil) dono dun chiringuito sen mácula, inflexible, valente, xeneroso cobrador do frac duro coma un carballo, anxelical coma a sardiña do xeito.

Homes así hónran a boa tradición do fío da navalla…


(19/10/08)






NA QUINTANA.



O gasoil na pel de touro

Mordeulle o rabo ao destino,

Adelgazoulle o bolsillo,

Cambioulle o paso ao ladrillo,

Perturboulle a rosa os soños

De Zapatero e Touriño.


comentarios: 2


NA QUINTANA.
GHABACHA 01.06.2008 13.20
Xandalino, critica, home, critica. Faltaría máis. Ninguén máis coherente para exercer a crítica contra eses carrozas e para reivindicar todos aqueles valores que logo traicioaron.
Xandalino e a aposta social de Cáritas.
Os clónicos de Fedeghico “¡argumentan!”, facendo un uso honesto da liberdade de expresión. Pero, ¡coidado!, non lles volvas as oracións por pasiva.

Inadmisible, Nero. Inadmisible, falso, malintencionado, odioso, incorrecto, inmoral, contrario á ética e á estética. Vimos dunha eternidade de oprobio. ¿Por onde andabas ti con esa vara de medir tan fina?¿Por onde andas agora? ¿Non eras acaso ti un dos palmeiros que acudía a agasallar, ano tras ano, a don Manuel en Negreira? ¿Qué me dis daquel alcalde sabio, faimerir dos PePeiros?

Anda, un pouco de rigor. E déixate de coñas, tío.


comentarios: 6
NA QUINTANA.
GHABACHA 01.06.2008 16.40
Blogster, un purgante. Os miserables, coma ti, non desilusionan porque nunca tiveron ilusión, nin ideais, nin ideas, nin cousa emparentada con iso. Os chupatintas - tamén coma ti - medran, a imitación das moscas, a carón das cañeiras.
¿Quen es ti? ¿Que fixeches, "alegría del pueblo", a prol da liberdade e do benestar que temos?
¿Os reptís comen herba?



=================================

- ¡ Que traballiño che teñen estes tres paifocos !
- Pero son dous, muller…
- Miña homa, os da obra si, os que miran non.
- Semellan mal dormidos, escapados de Conxo, Rosenda, e moi mal encarados.
- Ata para para estar tolo faiche falta un pouquiño de ghracia.
- ¡Ah!, miña filla, non che é coma antes: aquel humor, aquelas ocurrencias, aquela vida, aquela casa chea.
- Din que Perrecho anda a sachar petróleo…


Este éche dos puros, contestatario de gabinete, non se mezcla coa morralla zurdosindicalista.

Regante de percebes. Unha categoría.



NA QUINTANA.
GHABACHA 05.06.2008 19.41
O Castor, este éche de todos o máis relambido, e o máis cínico; porque tén mellores toques de balón e xógache en primeira.
Eu, cando leo ao Castor, mergúllome no palafito.
É un grande escritor.


NA QUINTANA.


GHABACHA 05.06.2008 19.35
A ciencia infusa do Molares dá para moer as rodas dos muíños e prestar grandes servizos á tropa.
A cada paso, a miña admiración polo Morales mola. Pode andar ben campante con estas novidosas teorías.
Voulle pór unha cruz no meu IRPF.

-Señora Casilda, ¿e que me di da festa do percebe, en Mugardos?

-Filomena, o goberno non che sabe como ha contentar aos veciños.

-España desfaise, miña homa.

-Unha desghrasia, muller; culpa de Sapatero.


A QUINTANA.

GHABACHA 06.06.2008 14.24
- Ghumersindo, cando morra Cascorro, hanlle chamar Impertinente.
- Esta vida éche un chiste: Por culpa do finado a luz cambia de prezo.
- ¡Pobriño!, el quería tamén ser un bo electricista.

- Os de Fene e de Cabanas

Competen cos de Ferrol;

Os de Mugardos e de Ares,

Cos de Neda e de Narón.


- ¡Ai, Ghumersindo!, deixa respirar ás sardiñas.

¡Ouh!, señor urbanista do río, cazador de suspiros no aire, seica vén de estoupar a marea.


NA QUINTANA.
GHABACHA 11.06.2008 13.48
Se non fose porque estes defensores de Galicia ( e outros) o que en realidade reivindican é barra libre asimilista do galego ao castelán, a min tanto me daría. Pero aquí nada resulta inocente, e, detrás do C ou do Z acocha unha visión diferente de país.
E xa nos coñecemos os modos e maneiras da tropa mercenaria.

…pero facédelle caso ao ponderado Xandalino en quen (“hasta los bemoles”) só privan as consideracións do bon goberno e da boa crianza.

O Xandalino bebe – coma os xílgaros - da fonte (filolóxica) limpa. Un respeto para o amante de GaliZa “avant tout”.

O agricultor de marras foi claramente chamado pola voz convincente do sacho co que, por equivocación, escribe sobre o que máis descoñece, no canto de botar a súa boa ringleira de verzas.

Agricultor, andas fóra de xogo. ¿Cando toca sementar as patacas? ¿E os nabos, en Lugo?

Pensei que xa me tiñas esquecido, Xandalino. E sentíame mal. A cada quen segundo os seus méritos, capacidades necesidades. Eu preciso de ti coma o caldo do lume.

Hoxe dasnos (aos galiZos) unha boa lección erudita (de agradecer) e préstasnos esa visión cosmopolita (uniformista) túa da España imperial que tan grande nos fixo. Sómosche xente torpe. Non sabemos historia nin tampouco apreciar tales “délicatesses”.

Xandalino: ¡España: Una…, Grande… y Libre!

E a min que me confunda o tempo.


E, cando nestas estabamos, chegou, en punto – e así debe ser - , o emperador da toponimia e, botando man da súa memoria prodixiosa, esclareceu moi ben esclarecido se eran Carbajo, Carballo, Carballino ou Carballiño; se o Rei Sabio morrera en Murcia ou tomando empada de raxo no feirón da Picota.


¡Canto discurre este home para empoleirar os rancores alleos! Unamuno, Ortega, Millán Astray…¡ madia levan!, obran no seu favor, os coitadiños.


O Castor é bo deseñador de ríos. Quero dicir de famosas novelas. Eu téñolle moita lei.

¡Galiza!
____________________________________________





NA QUINTANA.
GHABACHA 12.06.2008 14.57
Calzasachos, Calzasachos,
Calzasachos, calza ben
o teu legón de traballo
co nobre pau de carballo
da ciencia do teu saber
se ha de ir GaliZa con ce,
como vai en castellano,
por dereito e por revés,
á voz dun ordeno e mando,
que é como che debe ser.
comentarios: 4



NA QUINTANA.


GHABACHA 15.06.2008 13.27
Eu sempre me quedo coas esencias de Lelo, coa teima ecolóxica do Luis Reganosa, co percebe de Salas, co Nero Patateiro.
E aprendo a dicir moitas máis tonterías. Ás veces, na intimidade, penso que son Ulises e vou de ferrolano nun cabalo de bronce.



CUADRUPEDARSE AO CADRADO.

Mamífero roedor,

Polo pelexo apreciado,

Non se presta ao revoltallo,

Amigo das confusións;

Pois merece, no escalón

Dun mundo xerarquizado,

Cuadrupedarse ao cadrado,

Fóra de competición,

Ao longo de todo o ano,

Se dá licenza o Castor.

______________________




NON TÉN CURA…


Falar de tonto cabal

Sen perder a compostura,

Proclamar esa finura

Do cabestro universal

Que fai da mente adival

E da lingua unha armadura

Cos complexos sen mesura

Que non é quen de afogar

A necidade e a amargura

Do cretinismo animal:

Eis a parte neuronal

Do Nero que aquí pulula.

¡Pobre Nero!, non tén cura,

Nin tampouco sacristán.






UNHA PANTASMA QUE FALA.


Doe a ferida infectada

Ao enfermo que a negou,

Ao necio que a sepultou

Con artes cataplasmarias

Indignas de ser chamadas

Panacea e curación…

///////////

Doe o mal que medra e chaga,

E afonda, cando avasala,

Polas canles da traición

Iso que chama razón

O Nerón das labaradas,

Afamado campeón,

Deslinguado fanfarrón

Da GaliZa desleigada,

Un pallaso de cartón,

Unha mala imitación,

Un catarro, o xarampón,

Un cateto, unha empanada,

Un corte de dixestión,

Un espectro, unha pantasma,

Un diaño toleirón…




SEXA O VIVIR ESPERAR.

Fose o do mazo formiga,

No canto de ser cigarra;

Fose o oxectivo gardala,

Sen cortar a sintonía;

Fose o comer mal dun día,

Compartir, mala xornada;

Fose o todo igual á nada,

Competir, motor da vida;

Fose o bigote unha espada,

O seu dono un capitán;

Fose o peto, gran a gran,

Inflamando en grande espiga;

Fose hoxe sempre mañán,

Cabaceira ateigadiña;

Fose o vivir aforrar,

¡Aforrar..!, que nos bendigan

Con un carozo sen pan.



NA QUINTANA.
GHABACHA 21.06.2008 19.32
Gitano, o emperador do lume non contesta. Como vén de me soplar no oído o Arneironi, está NERÓtico. Outro día será.
Anda a practicar o inglés cunha cadela.




NA QUINTANA.
GHABACHA 22.06.2008 13.00
Parabéns, Dinamitador pola ocurrencia. Ti si que sabes apreciar o valor de cada cousa, e non eses que andan ás reviravoltas coa toponimia que non dá de comer. ¿ A quen lle importa - por poñer un exemplo antropónimo- que ao noso Mariano, de hoxe en diante, lle chamen Federico ? Nin siquera a Zaplana.
A vida, a política, a cultura...redúcense a simple economía. Logo vén o abatemento e o teu epitafio da inanición perpetua. Pero a estupidez, Dinamitador, non morre, porque sempre hai relevo para continuala. Así que non te deprimas.


A memoria de repertorio e peñón fixo nunca o abandoa. O Nerón colle o fardo e toma caireiriña, e xa non para ata botar , “à bout de chemin”, tódolos demos fóra. Dixen todos por equivocación, porque sempre lle queda algún para darlle a semente.

Coma antonte, coma onte, coma sempre, pois non se renova nin tén remedio – con corrector ou sen el (un tema interesante, pero fóra de concurso) -, ás mesma inxustas procacidades contra o idioma, contra a política de recuperación cultural do país, contra a política social, contra a intemerata… Vese nesta persoa (un supoñer) a un individuo amargado, rancoroso, mal perdedor, vencellado, coma empresario de café e copa, a intereses inconfesados (non sei se tamén inconfesables) coa administración perdedora. Anda, acláranos esta interesante cuestión, que a xente quer coñecer a raíz do teu mal.

AO CORNO (de Breogán) o chistosiño da puñeta.

Sabrexo, véxochas mal coa proverbial sabencia do Castor. Con la iglesia hemos topado, amigo. Hai moita ciencia aquí. Cando o Castor emite unha opinión, non fala con palabras molladas; constrúe un palafito coherente de ideas que, polo regular, somete ao principio da contradicción polos camiños intrincados do absurdo. O Castor extrapola, extrapola… ¡Coidado!, non che é un blogueiro calquera; é catedrático do país de ningures. Eu, cando o leo, descúbrome.

CRECENTE, A CORUÑA, OURENSE, GALIZA…….Parece que lles doe, e que lles pesa. Que non se asumen. Que se _odan.



NA QUINTANA.
GHABACHA 22.06.2008 17.03
E efectivamente, os eunucos da Capadocia retoman o testigo, un detrás doutro. Da gusto velos a rascar no embigo




comentarios: 5
NA QUINTANA.
GHABACHA 23.06.2008 11.53
Moléstalles todo. Teñen a sensiblilidade da molestia a flor de pel. Pero o que máis lles magoa é a tontería que arrastran, da nacencia, en cadea. Ti, Sabrexo, non te fagas á idea de que estás a falar con xente que razoa; estes sonche unha caste de exemplares da especie por equivocación das leis da natureza... Pezas para o museo da estupidez humana.




NA QUINTANA.
GHABACHA 23.06.2008 16.02
Home, Lelo, o de hoxe eleva tamén ao Nerón á condición humana, pero, descoida, non tardará en rebaixalo con soflamas, que non che é ouro de lei o emperador romano...
Unha aperta, se che parece ben, e se non........




NA QUINTANA.
GHABACHA 23.06.2008 16.02
Home, Lelo, o de hoxe eleva tamén ao Nerón á condición humana, pero, descoida, non tardará en rebaixalo con soflamas, que non che é ouro de lei o emperador romano...
Unha aperta, se che parece ben, e se non........
O das lección morais co candil nerótico facendo de home bo e conselleiro áulico… Eu podía calar, disimular, mirar para o outro lado. Non quero. Non me dá a santísima gana. Non aguanto aos que presumen de honrados.


Anda, EMPERADOR, explícanos a todos cal era o teu papel orgánico nas xuntanzas laudatorias ao Fraga ritualizadas cada ano con viandas e viño da Costeira por aquel alcalde do discurso florido que deu a volta varias veces ao mundo con palabras profundas. É hora de que nolo aclares, porque temos a sede de sabelo e porque así entenderemos mellor o fío do teu imparcial discurso, o argumento, a trama e a maraña. Ti, señor NERÓtico, non es o transparente que esa labia traduce. Un tío que parte ás Américas cunha man diante e outra detrás e volta forrado e grandullón non foi de predicador nin por facer un traballo social paternalista coa xente de alí, senón a aproveitarse dela, a servirse dela para medrar; tén, polo tanto a súa zoa escura esa parte da túa biografía, que eu sempre simbolizo na tan mentada escoba a prazos do usurario pícaro e cabrón das peores novelas. Anda, desminte, infórmanos, ilústranos, actualízanos, satisface a nosa curiosidade.

Por certo, ¿por onde transita agora o vello edil das proverbiais vodas de Camacho á negreirás?

O tupé do ASnar impórtame un comino.




comentarios: 14
NA QUINTANA.
GHABACHA 24.06.2008 20.34
O mellor estilo patrocínao o Castor cos seus anacolutos de deseño. Non nolo merecemos.
"La arruga es bella".



NA QUINTANA.
GHABACHA 24.06.2008 20.41
Un ente dunha soa peza: O Castor, ben arroupado en razóns do antes co despois.
Coto de caza e pesca. Hai que coidar o río.




NA QUINTANA.
GHABACHA 25.06.2008 13.04
Ártabro, aténdeme a esa fera. Eu estou ocupado e á espera de que resposte ao de onte.
En Negreira chámanlle, con razón, o profeta Isaías.



NA QUINTANA.
GHABACHA 25.06.2008 12.57
Admiro ao don Luis coherente por como sabe seleccionar aos "enemigos (Reganosa) de Dios, del mundo y de la carne" coa man dereita. E a carne vai cara. Eso, cara...
Lelo, un saúdo.



NA QUINTANA.
GHABACHA 25.06.2008 17.04
Juantiburcio, o corrector ponlle remedio aos teus problemas de "aptitude". Fala con Botis, que o tés ao ladiño.

Xa chegou quen faltaba. O Disidente está presente. Lelo é unha ledicia e contribúe a afortalar as viturdes. Eu, para enmascarar as esaxeracións que el ventila, diría que abusa un bocadiño da hipérbole. Pero, claro, entramos a labrar con eufemismos.

Respondo (non ao que di, porque parte dunha premisa falsa) ao que, moi mala uva quere dicir: ¡SI…………! O GALEGO, PARA NÓS, É SAÚDE, RECUPERACIÓN DA DIGNIDADE, TAMÉN ECONOMÍA…
Espétalle un clavo.


Empeñados en difundir a idea-forza de que o Galego é ( “per se”) unha eiba, un barreira ao coñecementos doutras linguas, un atranco ao progreso…, non paran na laboura en denigralo, coma se esa acción os ennobrecese, e non todo o contrario; porque non hai cousa máis vil que a de negar o propio.

Mala chispa coma aos imbéciles.





comentarios: 6
NA QUINTANA.
GHABACHA 27.06.2008 20.09
¡Viva cutrelandia! E, por suposto, Lelo, e o Nero da bandeira enroscada. Ese nacionalismo das castañolas, ¡viva!, ¡viva!,
¡viva..!
comentarios: 7





NA QUINTANA.
GHABACHA 27.06.2008 20.27
Agora, se lle gaña a Alemaña,¡ música, maestro ! Para rato......................





comentarios: 7
A PEGADA NA SOMBRA.
penoucho 28.06.2008 16.55
O Disidente, hoxe, chica a auga do bote cunha peneira rara. Será porque, na distancia, confunde o relón coa fariña, e viceversa.





NO GHALIÑEIRO DE C.L.
penoucho 28.06.2008 17.20
Estás sobradísimo, Disidente. Sobradísimo e orixinal. O símil do español (de aquí con aí) non hai intelixencia humana que o poida superar. Déixolle a tarefa das labazadas verbais a outro. Polo común, os teus discursos semellan - con perdón - lavativas.
Eu creo que, cando pensas (un dicir), pós o cu para arriba para irrigar o cerebro.
comentarios: 7





A PEGADA NA SOMBRA.
penoucho 28.06.2008 16.55
O Disidente, hoxe, chica a auga do bote cunha peneira rara. Será porque, na distancia, confunde o relón coa fariña, e viceversa.




NO ALPENDRE DE SALES.
penoucho 28.06.2008 11.40
O do IPC é serio. O da semifinal rómpelle o cu ao cesto do conto da leiteira.
Non caso de perder contra Alemaña, propoño unha guerra, un araquiri, saírmos da Unión Europea...





NO ALPENDRE DE SALES.
penoucho 28.06.2008 12.35
O petróleo a 143 dólares o barril. Os grandes negocios que nos ía traer o negocio de Iraq. ¿ Lembran ?
Aquel ASnar si era un presidente.
NO ALPENDRE DE SALES.
penoucho 28.06.2008 17.04
Si, Ucina, con ese par de __vos - que non balóns - que deseñou o Salas.
Ucina, quédate en la cocina.



NO ALPENDRE DE SALES.
penoucho 29.06.2008 17.00
Se hai que explicar o chiste..., Salas, a cousa vén forzada.
Ghracias polas sardiñas. Noutra ocasión será.
NO ALPENDRE DE SALES.
penoucho 30.06.2008 17.48
Felicito a cantos se sintan identificados con golelandia, coa pel do touro bravo, co fandango, co canto das sereas, coas toupeiras mediáticas, co bombeiro pirómano Nerón, en éxtasis de tanxedor de lira...
NO ALPENDRE DE SALES.
penoucho 30.06.2008 18.19
O can de palleiro, sobranceiro...
Para que tranquilizarvos: Desde que somos campións, xa me sinto mellor daquel dor de barriga.


NO ALPENDRE DE SALES.
penoucho 30.06.2008 17.11
Esa teima militante do Disi contra o Galego debe ser máis estudada pola siquiatría, pola sicolingüística, pola socilingüística, e pola ciencia veterinaria...; porque semella unha curiosidade científica, un caso particular, coma o mal da pipida que ataca ás galiñas.
Se o inglés deste membro desclasado da especie humana (do que se gaba tanto) acada o nível do seu español castellano, quedaría máis bonito calado. ¿Ti que cres?
NO GHALIÑEIRO DE C.L.
penoucho 30.06.2008 16.56
Estaca, a última: Acaba de patentar o Disi un sistema de apagar os "incendios identitarios" menores con caspa.
E a penúltima: A selección española de fúbol abriulles as portas da felicidade aos colonizados de mente e patria grande.
Nos EEUU xa nos teñen envexa as formigas.
NO ALPENDRE DE SALES.
penoucho 01.07.2008 13.30
¿Que “quién ha dicho que los que amamos España no seamos nacionalistas?” Vós, por xunto e por separado, por activa e pasiva, proclamades iso de cote. Pero, como toda regra non sabe vivir sen a súa excepción, o milagro dun gol aflora aquilo tan manido e roñoso (e tamén perigoso) da “Una, Grande y Libre”. E por ese furado nos queredes meter a - ollóns, que é a vosa maneira de concibir e de facer as cousas. Pois non. Nin España é a única nación que hay, porque ti o dis e xa está; nin tódolos nacionalistas somos separatistas ou secesionistas , porque che dá a gana.
Que A PEGADA NA SOMBRA.
penoucho 01.07.2008 17.12
Os bilingüistas de pro quédanse nun españolismo monolingüe de secano, a secas, resumindo o asunto sen a maquillaxe que presta o disimulo. Polos froitos, coñecerédelos. E así os coñecemos, na súa propia salsa. Un négase a xogar a ese xogo mentireiro e perverso. Para bilingües, nós, que somos quen de empregar o Galego e o Castelán , chegada a circunstancia da necesidade , con igual "maestría".
¡Xandalino, bilingüe..! ¿Pero que coña é esa?
. comentarios: 10
A PEGADA NA SOMBRA.
penoucho 01.07.2008 17.31
Non lles basta con seren dominadores dominantes: Queren ser exclusivos, cunhas pinguiñas deperdoador de cruel disimulo. Hipócritas de cartón pedra. Ese lixo pintado.


comentarios: 13
NO ALPENDRE DE SALES.
GHABACHA 05.07.2008 22.17
Aquí, o Salas fixo trampa: O coitelo debe estar na dereita e o anaco de tarta, na esquerda, seguindo as directivas da Unión Europea.
NO ALPENDRE DE SALES.
penoucho 05.07.2008 16.06
Bon proveito coa tarta.
Regalo a miña parte.
Teño colesterol, e funme á Patagonia.

FOTO: Salas

comentarios: 15
NA QUINTANA.
GHABACHA 09.07.2008 22.10
O troncomóbil de Salas e CÍA.ente..
NA QUINTANA.
GHABACHA 09.07.2008 22.01
Na casa de Simón todos dormen nun xergón.

O mellor de Salas é a variedade de argumentos servidos a domicilio do consumidor máis exquisito.

Parabéns, Salas, para nota.


O Impertinente, en seis puntos, éche dun impertinente subido; porque sabe, sabe, sabe e requetesabe que canto di é falso, que non se compadece coa realidade dun Castelán dominante, asoballante, para nada en perigo.

¿Qué me/nos dis, Imper ? A marxinación obra contra o Galego. E ti xo gas neste infame xogo ao despiste.

As grandes ideas do capador de Nero por trinta (30) pesos. Unha ganga.

Sírvase, Impertinente.

NO GHALIÑEIRO DE CL
GHABACHA 10.07.2008 16.47
Nero, o capador diplomado en León por trinta pesos.
Un aro no fuciño.
NO GHALIÑEIRO DE CL.
GHABACHA 10.07.2008 20.15
Os argumentos do Impertinente Nerón son dun peso e dunha graza tumbativas. Para combater a semellantes intelectuais de cutrelandia, cómpre consultar os arquivos de Simancas e mailo Libro de Petete.
Eu sonche un ignorante mariñeiro do arrastre.

comentarios: 12
NA QUINTANA.
GHABACHA 11.07.2008 13.33
MENÚ DCE SALAS:
PLATO ÚNICO:
SOPA DE ALLOS (PROÍDOS NO INTESTINO)
PARA CLIENTES DEVOTOS DE SAN CAMPIO.
Poesía pura (en prosa) do lírico Impertinente, máis coñecido no circo do mundiño artístico-cultural acastrapado do Reino de GaliZa coma Don Cutrefino O Imberbe, quen – segundo as miñas fontes informativas - examina a fondo co dedo corazón (que lambe con degoiro) ás ghaliñas poñedoras do curral veciño.

No INEM, chámanlle Dona Reme…/dios. Eu , Salas, ignóroche o motivo.
comentarios: 23
NA QUINTANA.
GHABACHA 11.07.2008 18.48
Está moi ben saber o do dedo. Debe ser - con perdón - outra cousa. A información viña en sánscrito trucado.
NA QUINTANA.
GHABACHA 11.07.2008 20.06
Si, home, si: Un Impertinente culturalista, estilista coa pluma... Aí quedas sen competencia.
comentarios: 9
NA QUINTANA.
GHABACHA 12.07.2008 15.37
Un Impertinente calculaba o IPC cun percebe de Corme, coma o inefable Lápiz...
NA QUINTANA.
GHABACHA 12.07.2008 14.34
I P C . -
(TERMÓMETRO) 147 DÓLARES / BARRIL.
(IRAQ) GRANDES GUERRAS, GRANDES NEGOCIOS...
NA QUINTANA.
GHABACHA 12.07.2008 14.25
NERO ("con tigo"):
O DOS 14 ARGUMENTOS (e a boa ortografía) COA TANGA DE SALAS FAI BAIXAR O I P C DO LÁPIZ, DO LUIS E DO LELO.
O mellor corrector, na farmacia.
comentarios: 11
O CU DA CURUXA.
arneironi 12.07.2008 19.45
Temperatura NEROanal co SALÍMETRO percebeiro do Lápiz


NO ALPENDRE DE SALES.
penoucho 13.07.2008 14.51
MACHACAR......., MACHADA........., M A C H A D O............., MACHETA..........., MACHETE.............., MACHICAR.........., M A C H O.........................!!!!!!!!!!!!!!
Salas, o do pente a/fiado, saúde.

NO ALPENDRE DE SALES.
penoucho 13.07.2008 13.55
Por prescripción facultativa, aghora, ao ALPENDRE DE SALES chámanlle rANOtorio.

NA QUINTANA.
GHABACHA 13.07.2008 17.15

Penteou cabelos Salas

Co machado de Nerón;

No pelo fixo unha raia

Moi xentil, ben apañada;

Abriulle un ventilador

Ao calcetín do cerebro

Dese pintor pinta-cheiros

Dos ASnar e dos romeiros

Que vemos na procesión:

Os ceos contaminou...

comentarios:
O CU DA CURUXA.
arneironi 14.07.2008 18.25
¡Que ben iamos estar co Nerón novelista de ministro de Aghricultura e Finanzas!
Queda feita a proposta.
O CU DA CURUXA.
arneironi 14.07.2008 18.57
A fe move as montañas de todo quisque, inclusive as de Lelo, do Disidente, do Impertinente, do CASTOR... Pero o Castor e Impertinente sempre constrúen despois (con planos) sobre seguro. Categorías. Xente moi apañada. Boto a faltar o Nero.¡ Mandádelle recado !
O CU DA CURUXA.
arneironi 14.07.2008 18.46
Dicíase da señora Aghripina que se namorara do rabo do cabalo do cura de Cartelle. Dicíase. Para ghustos...
Non serei eu quen poña de perfil un anaco da miña cara por ninguén, quen negue, quen afirme...Pero nesta pel de “morlaco”, a corrupción, benqueridos inimigos-amigos, tén base e fundamentos éticos (relixiosos e profanos) e bebe nas mesmas fontes do poder (auténtico) das indulxencias e dos cartos. O indignante é que (con aquela torpeza) tamén copie a outra parte, que se presenta limpa dun pasado de secular oprobio; entón, os nosos honrados comentaristas saltan, gritan, patexan alporizados, porque lles entraron no horto a roubar o froito prohibido, que iso era coto privado e cousa súa, e con soleira, e agora veñen estes intrusos a – odela.

Os Neróns, os Lelos, Impers e cía., con tada a razón do mundo, poñen o seu grito moral no ceo dos escolleitos ou escollidos. Como debe ser.

O “BIG BANG”..!?

Por unha boa causa, non me importa se me repito, que se non o digo rebento:

¡Quen me dese ter a raigame, o estilo elegante, o raciocinio e a razón de don Cutrefino O Impertinente (bilingüe comme il faut)..., o talento improvisador do insomne de garda Lelo..., a creatividade e enciclopédico saber do pitoniso Nero..., a liberalidade virtual virtuosa dO Ttimo máximo mínimo..! ¡Quen puidese ser santo da devoción de SALAS, e parecelo! ¿Desexalo é vicio? Que me responda o verbo.

O “Big Bang” ortodoxo do Lápiz (“e tutti quanti”) arruinoume a vida. Mágoa. Xa non teño remedio.

Imper, grazas: Vou tomar a pastilla.

DEBAIXO DO SEU SOMBREIRO:

¡BIG BANG..!


Grazas á lei do “big bang”,

Cae da figueira a breva,

Iberdrolas e Fe/nosas

Prenden labaradas mestas,

A noite devén mañá,

Goberna a lúa as mareas,

Cantan grilos nas camposas

Cando ao día xa o venceran…



Se o Salas fose pintor,

No canto de mal profeta

-LápizFeroz agoireiro-,

Pintaría un ascensor

Con termómetro extintor

Debaixo do seu sombreiro:


¡Big bang..!





¡QUEN FOR TRAIDOR AFAMADO!
(Dedicado á peña de admiradores salicídicos, que adora, sen fisuras, a miña arte poética)


O pelo que adoza a gorxa

Do bo Lelo desbocado

A SALAS foille roubado

Por un vento desnortado

Contumaz e PATRIOTA,

Cal xogador de pelota

Coas pelotas rolando...


¡Ou, meu LÁPIZ sucedáneo!

¡Ou, meu pintor mala brocha!:

¡Quen for TRAIDOR afamado

Para pintar boca a boca

O sabor do refugallo..!



A QUINTANA.
penoucho 18.07.2008 12.43
Salas, para unha vez que alcanzas a sublimar a síntese coa palabra partida, os da parroquia - por un pelo - non son quen de comprender o alcance da túa mala uva.
¡Parabéns, Lápiz! Hoxe apúntate un 10 (baixo cero).

NA QUINTANA.
GHABACHA 18.07.2008 15.43
Pan quente : Novas aportacións de Trillo á Teoría da Conspiración: ¡ SPAN ..! / ¡ AIR.. ! Autoría intelectual...: ¡ P I N O C H O !
NO ALPENDRE DE SALES.
penoucho 18.07.2008 14.13
Como moi ben certifica Nerón, este é un humor serio: Un MAL/HUMOR de estación de servizo.
¡Que cultura a do Impertinente Cutrefino!
Súmome á proposta de Ghabacha e engado outro 10 igual para o segundo voceiro de Salas. Bon proveito, muchacho.

SALAS O COPISTA.

Sobre traseira aterraxe,
Media lancha na ribeira:
Xa choutou eSPAIN no aire,
Fincando o AIRe na terra...
........
LÁPIZ, toda unha gozada
Poñerlle humor á traxedia:
Sempre a pegada do SALAS
Incrustada, á man dereita...
........
O FEDERICO de marras,
Despois de ver a viñeta,
Disque, na COPE, ladraba
Por lle copiaren a idea
Sen permiso e sen pagala.
.......
Se é mentira ou cousa certa,
Non cho sei, pois non estaba
Cos Roucos na casa aquela.
---------------------------------------------------------
El humor de Salas

NO ALPENDRE DE SALES.
penoucho 19.07.2008 11.28
Cutrefino liberal conservador:
- ¡ Muuuuuuuuuuu..!
- Outra vaca n O CU DA CURUXA.
arneironi 19.07.2008 15.44
Penoucho, os meus servicios informativos coméntanme que a noiva do Cutrefino está a tecerlle uns patucos, non verán , para o inverno
Outra vaca no millo. Vou chamar o rual.
A PEGADA NA SOMBRA.
penoucho 19.07.2008 11.48
Demasiado cheiro infantil a superstición e clerigalla. Señor Manuel, a relixiosidade élle cousa máis seria. Non me extraña que o agnóstico ilustrado pirómano Nerón tamén defenda coas moas a canción do Molares.
NA QUINTANA.
GHABACHA 19.07.2008 17.07
O do Cid non che é un verso solto e culto"a lo divino", que che é senilidade, demencia, refugallo, mercaduría contaminante, perigosa...., coma as de Molares, imperiais tonterías.

As verdades do barqueiro,

Polo letrista Refoxo;

Hegeliano, virtuoso;

Disidente, financeiro

Da partitura e do credo.

As habilidades do Disidente para saltar do divino ao criminal desbordan a lei de pesas e medidas. Se as contradicións internas do primeiro parágrafo, para tomalas en consideración, non hai por onde collelas, as do segunto (de caixón) son maliciosas, insidiosas, torpes, e sobre todo vacuas. As (suxerentes) do último apartado merecen figurar xa no altar da ignominia.

O “bozal” para ti, “boceras”.
---------------------------

LEITE AGRE.

Calzando zocas alleas,

Luvas - calcetín de lama

Tecidas na tecedeira,

Esta vaca está nas verzas

Do LápizFeroz... do Salas,

Dous nome da mala peza

En comisión dunha causa

Que de humor ten a aparencia...
........

¡Agre, o leite que zugara

Persoal desta ralea!

-------------------------------
El humor de Salas



O Salas na branca sela...,

Aquel rabecho enTOURado,

Polo EPO alimentado

Cun quintal de carga “hueca”,

Cabalgando en bicicleta...

Onte da boucle” afastado

Por raposo e por dopado,

Por mamalón da puñeta:

¡LápizFeroz do carallo..!

El humor de Salas


O CU DA CURUXA.
penoucho 21.07.2008 16.43
Ottimo, centrados no asunto, ¿é certo que a túa profesión virtual é a de visitador vendedor de aspirians?
O vento, ao entrar pola ría, - por orde e mandato de SALES - trae novas (vellas) de Vigo. En Serantes éche o menú do día.

A PEGADA NA SOMBRA.
penoucho 21.07.2008 12.05
A quen lle pique, rañe. Rañen cun toxo ou cun carozo. Tropa de cretinos...
A PEGADA NA SOMBRA.
penoucho 21.07.2008 16.21
......"Me matan si no trabajo y si trabajo me matan, siempre me matan."
Desgraza de país con esta paisanaxe de biberón coa sopa de Sales...



Quererás dicir “revolcarse”, Salas.


El humor de Salas


NO ALPENDRE DE SALES.
penoucho 23.07.2008 16.33
Soa rancio o chistiño do Salas. Cotrefino et la troupe..., máis puntos suspensivos...
Xentes de pouca fe e moita idolatría, son casposos en todo, ata (aquí) na súa cotián deposición, que sempre empeza e remata en vulgar cagarría.
O CU DA CURUXA.
penoucho 23.07.2008 15.47
Despois daquelas impertinentes, impresentables, inoportunas palabras de quen ten por OFICO ESTAR (pero estando calado), viñeron as gabanzas, os coros e os ecos dos voceiros da recua asnar ou asnariana, orneando, sen ninguén llas pedir, leccións de democracia. Pero nin sequera a eles é pertinente dicirlles: ¿ Por que non te calas? O falar non debe ter cancelas.
O CU DA CURUXA.
penoucho 24.07.2008 17.47
¡ Coidado, un pelighro !, que chegha o Disidente (consultor) coa pedra de afiar as agullas do Falador, do Lagharto, da intemerata en pasta, en escabeche, en aceite e vinaghre... Se non fose porque estaba oCUpado...
NO ALPENDRE DE SALES.
penoucho 24.07.2008 12.50
¡ Moi ben, moi ben, moi oCUrrente, señor Luis O r- ANO !: A/s viñeta/s interANALES do Sales -sNO ALPENDRE DE SALES.
penoucho 24.07.2008 17.57
Arneironi, amigho, non me deixes só na xaula coa xauría cutrefina.
egundo O sanedrín-, unha pasada.

O CU DA CURUXA.
penoucho 24.07.2008 17.22
LAGHARTO, non era á miña situación, era á túa. ¿Non te decataches?:
“O lagharto dalle ao rabo
cando entra na silveira:
Así fai a mala moza
cando non hai quen a queira..."
O CU DA CURUXA.
penoucho 24.07.2008 15.25
A tarefa para cambiarlles a mala vontade á tropa destes contras non ha consistir en sumar ou multiplicar para a súa conversión ou reciclaxe os argumentos. Esta tropa ten a sensibilidade de identificación co país e coa súa cultura avariadas. Son xentes - polo visto e oído - irrecuperables. Falan ( que falen), escriben (que escriban), extrapolan, proxectan sobre nós a súa mentalidade (en moitos casos, de convictos e confesos),aplicando o que di o refrán: "Pensa o ladrón que todos son da súa condicón". Así funcionan eles. Os galegos temos que cargar con esta desgraza. ¡Que pena!
O CU DA CURUXA.
penoucho 24.07.2008 13.18
Ajataru, Lagarto, Blogster, ¿para onde tirades vós con eses modos e con esas fachas? Dóeme ter que dicírvolo, pero con caras semellantes resulta practicamente imposible ser decente. Pouco podedes facer contra o que xa está escrito nos xenes, na faciana... Só queda a comprensión, e a misericordia.
O CU DA CURUXA.
penoucho 24.07.2008 12.10
Os primeiros paxaros van directo á espingarda. De lonxe, pola pinta da camuflaxe, semellan tres torcaczas; pero non o son, que son corvos , "máis grande cá pomba, de cor negra, e que vive normalmente en bandadas..."
"Corvo miñato,
vaite de aí,
que as mozas de Vi(r)go
non son para ti."

O CU DA CURUXA.
penoucho 24.07.2008 19.59
Pois si que está revolto galiñeiro ou, máis mellor, revirado… Díxooo en román paladino o Castor ribeirANO, unha modalidade lingüística“ad hoc” para quen, como el, ten escolarizados os fillos non só en Madrid senón (cousa máis seria) no Manzanares. ¿Vostede, benquerido lector, coñece, leu, meditou os reiterados (ou reiterativos) contra/Manifestos deste home de letras? Pois fágaoo, que é todo un compendio literario do mal humor, do resentimento e da apostasía. Se os seus floridos excursos estivesen escritos en inglés, en mandarín…, o artista non acadaría con maior éxito os seus obxectivos de conquista.
E, para darlle unha mínima satisfacción ao segundo e ao terceiro parágrafos, ¿cal é a súa verdadeira implicación, señor Castor, no pasado e no presente idiomáticos? Comente, por favor, a historia do seu fuvial resentemento. ¿De quen resulta ser afluinte o seu río? Un quixese, con certeza, sabelo; porque o que é intuilo…
Señor Castor, maestro sen par do cinismo…, o idioma galego vale ben unha misa.
O CU DA CURUXA.
penoucho 24.07.2008 20.54
O verdadeiro problema reside en non saber con certeza quen se é, de onde se ven, a onde se pretende ir coa desnaturalización dun mesmo.
Ucina, Ucina, déixate de pamplina...
O CU DA CURUXA.
penoucho 24.07.2008 16.50
Ucina, ¡ como saben as místicas augas de LIBERTAD DIGITAL e da COPE ! : "Los escombros de la nación española..." A verdade en pastillas, tío: Despois do 11M e do 7 M, como ti moi ben dis, só te basta con crer...Non fai falta pensar... Unha pasada, tío.

El humor de Sala

O CU DA CURUXA.
penoucho 25.07.2008 18.20
DIXÉRONME QUE ANDABA POR AQUÍ O "AGNÓSTICO" NERÓN E VEÑO DAR OUTRA VOLTA PARA COMPROBALO.
Pois si, está o devandito defensor dos cristiáns a par do lume.
Aproveita, Nerón: ¡ Vai logo pola carballeira ! Hoxe págache Lelo o bocadillo.
O CU DA CURUXA.
GHABACHA 25.07.2008 20.32
Dicídeme se o Nerón aínda vive da patente do lume.



Salas, o arroz da paella estache moi pasado.

A ninguén, senón aos LELOS, lles interesa mercar o pan reseso..., ler a actualidade candente en periódicos atrasados...

O “atributo do auténtico” hegeliano

Mellora ao estiralo.

A fame do blogster

Tamén rima con –er...

O CU DA CURUXA.
GHABACHA 27.07.2008 14.14
Dádelle a escada a Xacobe para baixar da figueira.
O Zaqueo é idiota...
NA QUINTANA.
GHABACHA 27.07.2008 15.05
Salas, o arroz da paella estache moi pasado.
A ninguén, senón aos LELOS, lles interesa mercar o pan reseso..., ler a actualidade candente en periódicos atrasados...
O CU DA CURUXA.
penoucho 27.07.2008 18.17
A Ghabacha, encriptada entre cella e cella do Salas, como a pedra no ollo clínico daquel boticario...
O CU DA CURUXA.
penoucho 28.07.2008 12.32
Cádralle de perilla: Vilas, archipámpano das Indias...
Maxestade Nerón (co seu explícito permiso), pódelle morder a lingua (atravesada no 69 - 1) á Nogueira.
NO ALPENDRE DE SALES.
penoucho 28.07.2008 12.09
Salas + Nerón + Lelo + Lelo + Lelo + hailerelo.........+ o Luis das ras = 69 .
Chistosos, de profesión, mecánicos...
O CU DA CURUXA.
arneironi 28.07.2008 16.38
Penoucho, asubíalle ao can que nos trae a folla parroquial da Cope.
O cadelo Nerón xa sabe andar sen cadea.


O CU DA CURUXA.
penoucho 29.07.2008 16.07
Non terá que pagar: O Rouco xa lle enviou por Seur a correspondente indulxencia plenaria.
En EEUU, a liberdade de expresión está moi garantida pola Curia Romana... E polo Capitolio.
O CU DA CURUXA.
penoucho 29.07.2008 16.39
Molares do Val, un fidalgo sempre el coherente coa letra e o espírito dos seus dous apelidos, coma o Castor das ribeiras do Miño.
"A sardiña salada, ben cocida e mal asada".
FOTO: Salas

O CU DA CURUXA.
penoucho 30.07.2008 17.41
Hoxe o tema vénvos ao dedo para exercer con degoiro a demagoxia barata, a caridade cristiá sen medida, o estado de dreito torcido.
Sodes xente de ben..., ben -odida...


comentarios: 26
O CU DA CURUXA.
GHABACHA 31.07.2008 19.30
Sen o impar concurso de Nerón, nin sequera unha sombra da luz cando escintila a pé do lume. Nerón é moito: Éche un ser que pensa, un sabio, un humanista..., e obra segundo o seu pensar, e o das bombillas...
comentarios: 22
O CU DA CURUXA.
GHABACHA 31.07.2008 16.30
Bombillos e bombillas, luises e luisas, lelos e lelas, neros e neras, ucinos e ucinas, ot timos e ot timas, lápices e lápizas, imperinentes e impertinentas, SALOS E SALAS... ¡ a tope e a topa..!
En fins, chorrrados e chorradas: ¡VAITE CHOIVA E CHOIVO, E VENTE SOL E SOLA..!
comentarios: 6
O CU DA CURUXA.
GHABACHA 31.07.2008 15.30
Sería interesante coñecer a letra e a música do CID CAMPEADOR polas Terras de Babia, que son o seu universo ao completo.
¡Miúdo pescador de lombrighas!
O CU DA CURUXA.
GHABACHA 31.07.2008 18.24
O Lagharto e o Foucellas,
O Foucellas e o Lagharto,
O cirurxián e o arquitecto...
Van de parto
Ata as orellas
Sen cobrar emolumentos,
¡Tan contentos..!

O CU DA CURUXA.
GHABACHA 31.07.2008 18.43
As ocasións píntanas calvas, coma os laghartos sen camisa, coma as fouce/lla/s sen relón nas moufas.
No mundo aínda quedan espécimes envexosos comedores de merda. Cada quen coas súas preferencias nutritivas.
¡Bon proveito, muchachos!
O CU DA CURUXA.
GHABACHA 31.07.2008 19.13
Piche, candidato a contable de himnos e bandeiras...
Xa son 51.000, no canto de 50... O tempo dispara o patriotismo pola peneira rara.



O CU DA CURUXA.
GHABACHA 01.08.2008 19.54
NON ME CABEN NOS RIPIOS.
Arneironi, meu amigho,
Deixa a ghaivota infectada,
Á rosa descabezada,
Á esa casa volteada,
Aos meritorios borricos:
Aos Neróns, aos Fodericos...
-Impertinentes do Salas-
Que non me caben nos ripios...

DÁNDOLLE A VOLTA AO TELLADO.
GHABACHA 01.08.2008 18.26
Ese enredo, don Artabro,
Rematou coma unha rosa
Que o Lápiz fixo famosa
Dándolle a volta ao tellado.

O CU DA CURUXA.
penoucho 03.08.2008 14.42
Sóbranlle as boas e as malas razóns a Refoxo: Precisamente aquí, na Ramallosa, acaba de tropezar (con graves danos nos cadrís) nunha bosta a señora Consuelo, e Quintana segue na súa pertinaz dinámica de mirar ás estrelas. Non hai dereito.
¡ Axiña, un helicóptero para salvar á señora Consuelo ! Vén na Constitución, Refoxo.


El humor de Salas
05.08.2008

NA QUINTANA.
GHABACHA 05.08.2008 13.37
A enfermidade do desemprego (da filla filóloga de Salas) non a curan as FUNERARIAS, S.A. de ningures, porque nos cemiterios, que un saiba, por culpa de Touriño, Quintana e Zapatero, aínda non se aprendeu a falar inglés. Todo se andará cando volva ao goberno o PP.
Impertinente “bilingüe” de Salón: Sic transit gloria mundi.

En Galiza, en Galego. ¡Viva Quintana !

CLASES DE FILOLOXÍA.


FUNERARIAS eSeÁ

-Promocións dun grande artista-

Rebaixa o paro en Galiza.

Quebra a folla de afeitar,

O percebe, o calamar,

Escamando a robaliza...,

E ata esas ganas de obrar

Rexeitan as bacinillas.

Xa non se pode aguantar:

¡Vivan da teta estatal

As guapas e maila filla

Que o Lápiz quixo enSALAr.

Sendo o inglés cousa fina,

¡CLASES DE FILOLOXÍA..!

Carawapa, ¡“nunca máis”

Inglés de calcomanía !


O CU DA CURUXA.
penoucho 06.08.2008 13.46
IGUAL DÁ PEDAGOXÍA.
Mestres da democracía:
As nenas, pra profesoras;
Os nenos, pra futbolistas…
---------
A Falanxe Cutrefina,
Coma a Caixa de Pandora,
Cando á liturxia incomodas…
---------
Bica o incensario as pistolas:
Por debaixo e por enriba,
Pólvora de sacristía…
---------
O “pedigrí” sempre mola:
IGUAL DÁ pedagoxía
Co seu canón de vitola…

O CU DA CURUXA.
penoucho 06.08.2008 18.41
PREGOAR TANTAS GABANZAS.
Ca/r/gou Salas a espingarda
De plumas, salsa e pementa
Como fixera na impreta
O Lápiz da propaganda.
--------
Nun fragor de sobremesa,
Poñendo a proba a almorrana,
Decidido, a toda présa,
O ttimo quixo probala...
--------
Viñeron os Disidentes,
Ucinas, Impertinentes,
Os Neróns e mailas Wapas…
A proseguir a parranda.
--------
Nunca a fervenza puidera,
A guisa de mala saña,
No CUruto da refrega,
Pregoar tantas gabanzas.
El humor de Salas
09.08.2008


O CU DA CURUXA.
penoucho 09.08.2008 18.35
Solidarízome - contra min, un e trino ..??- a favor do Salas, que - illo tempore - a piques estivo de tumbar cunha viñeta das súas ao mesmo Franco a quen, de cote e con gusto, resucita e venera nas maneiras. Daquela, os valados apuntaban máis alto e el sempre amou o perigo.
NA QUINTANA.
GHABACHA 09.08.2008 17.58
Arneironi, unha pinguiña de respecto para Salas, o grande artista internacional (e por enriba, ¡ferrolán!) re/inventor das liberdades a cartabón e LápizFeroz...
Non hai incenso no mundo para recompensar a este insigne deseñador de valados horrendos.
Arneironi, repita comigo: ¡Perdón, perdón, perdón..! Estivo moi mal canto dixen e fixen. Non o volverei a dicir nin a facer.
E agora, para rematar, en penitencia, hisopo, incensario..., ou talonario: Vostede escolla.
...Lelo, sen embargo, quéreseche.
A Salas tampouco se lle quere mal. Isto éche unha brincadeira.
El humor de Salas



O CU DA CURUXA.
penoucho 10.08.2008 18.12
Non sabía nada. Dormía unha feliz sonada na floresta do Alba. De sócato, pese ao sopor da folganza, aprendeuno todo, e de que matizada maneira. Asimilación rápida. E na asimilación acelerada veu comprendida a confusión especulativa de dar por feito o matinado grazas a unha (suposta) información xornalística na que non aparece por ningures o apoio dunha declaración expresa do alcalde no senso de presuntamente pretender bordear a legalidade vixente. Pero non importa. O Ttimo máximo é mínimo. Aos centristas (de conto) estálles permitido enfeitizar os peores detalles.
Meu despistado amigo, o parágrafo dos tópicos cúralo coa meditación, con bicarbonato ou cunha aspirina. Para os resentimentos, cando falla a vontade, non hai cura posible.
Creo que é a primeira vez que cambio de rexistro para falar medio en serio contigo. Non mo tomes a mal: Hoxe teño un bo día.
O CU DA CURUXA.
penoucho 10.08.2008 14.40
As explicacións variopintas do documentalista UCINA non caben no fondo das tres huchas, pero aínda asi deixa quedar fóra do ámbito da pedagoxía recadatoria a ración correspondente ás mociñas que lle piden (pedían) ao santo un seguro de vida.
A Educación para a Cidadanía, polo visto, vai rematar con estas boas crenzas. Mágoa.
O CU DA CURUXA.
penoucho 10.08.2008 19.30
CRONISTA DO CORAZÓN.
Esmola por San Antón,
Polas ánimas benditas;
Por Mondoñedo, un doblón;
Por Cunqueiro, dous mil vivas…
------
Pola “centrista” afección
Dun Lápiz en SALAzón:
Polo Luis activista,
Pola Wapa e por Ucina,
Por que lles cure o xamón
No rebaixe da petrina…
------
Pola Santa Inquisición,
Por Ttimo que nunca tima,
Polas prosas de Nerón,
Un pincel de tinta china,
Polos vieiros da alquimia,
Cronista do corazón.
El humor de Salas
11.08.2008
10 comentarios

El humor de Salas

O CU DA CURUXA.
penoucho 13.08.2008 19.12
FLOR E NATA DOS MARISCOS.
SALAS de monocultivo,
LÁPIZ-Feroz tatabexo;
No desandar circunflexo,
Queimacasas Cutrefino…
-------
Das eleccións, adiviño,
“¡Fodembro!”-dixo o fodido
Pintor que emula ao cangrexo
Flor e nata dos mariscos…
-------
“Fodembro” éche ese membro
Que vos fode do Quintana e do Touriño.

FOTO: Salas
NA QUINTANA.
GHABACHA 14.08.2008 18.01
En Osetia do Sur non valen os argumentos que fixeron do Kosovo un modélico estado de maioría albanesa... Por aquí discorre moito o gas e o petróleo, e a OTAN quere plantar o CONTROL dunha nova xeoestratexia.
O CU DA CURUXA.
penoucho 14.08.2008 14.09
Esto, como que hoxe chovera de mañá, amigho Nero, éche culpa dos nacZionalsocialistas da Picota.
NA QUINTANA.
GHABACHA 14.08.2008 18.01
En Osetia do Sur non valen os argumentos que fixeron do Kosovo un modélico estado de maioría albanesa... Por aquí discorre moito o gas e o petróleo, e a OTAN quere plantar o CONTROL dunha nova xeoestratexia.

O CU DA CURUXA.
penoucho 15.08.2008 17.24
REVESTIDOR DE FACHADAS.
Había en Ferrol un SALAS,
Debuxante de receitas
LÁPIZferoz da ledicia,
SALpementador da risa
Co prebe da caldeirada
E un calcetín pra aliñala…
---------
Gran servidor de enSALAdaS,
En menos de tres viñetas,
Tres mil millóns de etiquetas,
Resumía en tricolada
MestreSALAS cuchufletas,
Revestidor de FACHAdas…
O CU DA CURUXA.
penoucho 15.08.2008 18.32
Ao señor Bieito Lobería preocúpalle a boa xestión da cousa pública galega, meu sin par zascandil Impertinente. Que lle preocupa, e moito, sabémolo cantos vimos seguíndoo e acreditando nel desde hai ben tempo. O señor Lobeira está a desempeñar o seu papel a plena satisfacción, como é debido, mentres que de ti non cabe decir outro tanto, a non ser que vivas do aire ou cobres de facerlle a campaña propagandística ao PP, que é, como de cote estamos a ver, no que te ocupas, sen decoro, desde a mañá á noite.
Despois de borrar a obviedade legalista do penúltimo parágrafo (o resto é fume e bobería gastada), a tila e o flan, para ti. Ha facerche boa falta para artillar a réplica; porque, de seguro, non vou quedar sen ela.
En Galiza, pese a quen pese, en GALEGO. Por iso nos honramos en ser quen somos.
El humor de Salas


O CU DA CURUXA.
penoucho 16.08.2008 13.36
DE CHUSQUEIRO NA MARIÑA.
___________________________
Profesara no pincel,
¡Como agarimaba a gaita!,
En branco e negro tanxía
No cartafol da matraca…
--------
¡Meu coitado menestrel!,
¡Meu bon xograr na campía!,
¡Meu anxo, meu furriel,
De chusqueiro na mariña..!
El humor de Salas


O CU DA CURUXA.
penoucho 17.08.2008 13.44
Érase a VERSIÓN FUNIL,
Un fracaso de torpedo,
Patentada polo xenio
Dun p/ALADÍN de CORTELLO
Cunha bala ou un balín
Das Feiras do San Fermín,
PIROMAÍACOS LELOS,
Pólvora do polvorín
Dun SALAS que abranxe ao NERO
Coma se fose o candil
A luminaria dun peido
Desmaiando un calcetín.
El humor de Salas


CADELO CORREDOR.

Canta o XITANO Zumbón

Esa guaracha atrevida…

Coas aletas de charol,

Disque segue ao trovador

No acuario da cociña,

Porque, na braza e no crol,

Fixo de lebre a NERÓN

Coma o cebo fai de guía

Ao cadelo corredor
Con fame de moitos días.

El humor de Salas



O CU DA CURUXA.
penoucho 19.08.2008 19.45
NUN TUGURIO CANTONÉS.
Remata en medalla LELO;
Prata, Llaneras-Tauler…
Da febre do xarampelo,
IMPER cobrou nun espello
Tres ouros que valen cen….
----------
Medallas e máis medallas,
Máis medallas de papel,
Para, despois de entregadas,
Ir o NERÓN profanalas
Nun lupanar cantonés…
MEDALLAS DE PAPEL.
penoucho 19.08.2008 18.45
Señor Anxo Requeno, ¿que é o que ven a dicir con esa ducia de palabras o mal número 13 da SALAS siñatura?
Intelligentibus pauca.
MEDALLAS DE PAPEL.
penoucho 19.08.2008 11.42
A censura non ten corazón. E, por se fose pouco, quédase con tódalas medallas de ouro do ecribidor prolífico.
Imper, con eles ao xulgado.
O CU DA CURUXA.
arneironi 19.08.2008 13.13
Non tiña pensado, e mesmo dóeme dicilo, de pouca acá, neste xornal de extrema esquerda, vénse exercendo unha discriminación ixustificada contra os defensores do orden, da paz e da palabra.
Por se lle podo servir de testemuño a alguén, aí vai tamén esta denuncia. ¡Viva GaliZa Impertinente do Nero, do Lelo e mais dO Ttimo máximo! He dicho.
El humor de Salas
20.08.2008

O CU DA CURUXA.
penoucho 20.08.2008 16.53
NA CORTE DOS PAPAGAIOS.

Pór traxe de crise ao lombo,
Prece do Nerón Xitano,
Pregón do LÁPIZ ao vento,
Proclama do SALAS pombo,
Presunto en FACHAl ramallo,
Polo alpiste dos PePeiros
Pra alimento dos paxaros,
Por vocación de carneiros,
Paspallases falangueiros,
Impertinentes e Lelos,
Na corte dos PaPagaios…
El humor de Salas


Para na SALA enCOLAr.
_____________________

¡Ponte esas pilas, raPaZ!,

¡Miúda tripulación..!
--------
¡En vela o Lápiz-Feroz!,

Leva a ciencia de pescar,

A fame de consumar,

A tanza que ha de empalmar,

A carnada que ha de im/pór,

Bolo ou miñoca, no anzol,

¡O trueiro ou gañapán..!,

RENTA DE EMANCIPACIÓN,

A mellor exposición

Para na SALA enCOLAr.
El humor de Salas
21.08.2008
SALAS


O CU DA CURUXA.
penoucho 22.08.2008 20.58
¡VIVA O HUMOR ANONÍMO!
_________________________
Circular, que circulaba
A LETRA por VALDOVIÑO,
Lourenzo pola montaña…,
O narizudo Feixóo
-As dúas mans nos bolsiños,
Traxe, esquinado, burlón-,
No deseño e no guión,
Afiando o dentellón
Co LápizFeroz do SALAS…
Aporías de Touriño,
Tribulacións de Quintana,
Pola ROTONDA, bo viño;
Polo CHISCO, moita cara ..!
El humor de Salas


PROMESAS SOBRE AREA.
_______________________________________
O mar, sempre agarimoso,

Abalounos coa marea,

Xogou de présa connosco…

¿Ú-lo aquel tempo ditoso

das promesas sobre a area?

(Muros, 23/08/08)
El humor de Salas


MANEIRAS DE BAILAR.
____________________________

Puxo os seus ovos o Lápiz

No niño dos tres pardais:

Arrincou do leito ao Lelo,

Rapoulle a baba e o cabelo

Ao consistorio das ras,

Porque Luisiño Barbeiro

Non foi quen de llas rapar…


Por se for Quintana a Rosa

Que SALAS quixo pintar,

Mira, NEreCIO, se amosa

O teu perfil mariposa

Nas maneiras de bailar.
.
MEDALLAS DE PAPEL.
GHABACHA 24.08.2008 19.03
Lelo, mira ti por onde, xa sabemos da linaxuda alcurnia do noso contertulio. Ten méritos dabondo para pelarlle a pava
a un almirantísimo, ou mesmo ao sarxento de guardia no arsenal da Ameixenda, preto da cabaceira oceánica de Carnota.
O das ras xa che vai moi gastado.
El humor de Salas

O CU DA CURUXA.
penoucho 25.08.2008 16.13
PREOGOEIRO DOS MEIGALLOS.
O desemprego dos calvos
Malhumoroulle a calceta:
Pola fe na camiseta,
Combinación do calzado,
Pantalón moi entoado,
Ben consonte co cotarro
En crise trala bragueta
Desilusión dun pecado,
Ignorando o que interpreta,
Lápiz-Feroz de viñeta,
Liliputiense en cometa,
Pregoeiro dos meigallos…
--------------
Ao xarope das viñetas,
Engadiu dous espantallos,
¡Tan SALAdoS...!
O CU DA CURUXA.
penoucho 25.08.2008 20.32
POLO LÁPIZ AFIADO.
Un Impertinente ergueito
Vale mais para espantallo
Que cen milleiros de Lelos
Elevados ao cadrado
Por gracia dun bo punteiro,
En alma e de corpo enteiro,
Con trencha de carpinteiro
Polo Lápiz afiado.
----------
Salvoulle a estirpe ao pemento,
Fíxolle un bo entallado.
O CU DA CURUXA.
penoucho 25.08.2008 17.26
Arneironi, ¡como gorenta verse un arroupado por unha xente tan boa! Este persoal madruga, estimula e compite por seren sempre os primeiros no traballo. ¡Que asco me dou a min mesmo por me erguir tan tarde! E pensar que endexamais vou poder ser coma eles.
O CU DA CURUXA.
penoucho 25.08.2008 11.41
Cando todo era deixarse ir e deixarse facer, non había ningún "conflicto lingüístico". Consonte coa moi respectada tradición dos lagartos, dío de maravilla un "reptil saurio de corpo cilíndrico e longa cauda, coa pel recuberta de escamas".
¿Quen somos nós para lles levar a contra aos lagartos? A razón sempre estará de parte dos que visten de verde.
El humor de Salas

O CU DA CURUXA.
penoucho 26.08.2008 17.00
VIÑETEIRO A GRANEL.
Non ten arte nin cartel,
Nin gracia nas enSALAdaS;
Ten flatulentas cagadas
Fedorentas e entobadas
No LÁPIZ de remexer
Na derradeira aCAMPAda.
--------------------
Contaminante a morrer…
Mais morrer non é palabra
Que conviñer malgastala
Cun viñeteiro a granel.
El humor de Salas
27.08.2008
13 comentarios

O CU DA CURUXA.
penoucho 27.08.2008 19.33
LÁPIZ-RENOVE TATEXA.
-------------------------------
Que o humor sempre RENOVE
O telo polo has de ter,
Coma soe acontecer
Coas ganas de comer
Bo marisco en casa pobre
A véspera de morrer.

Chame a esa porta a Porteña,
Levántenlle o tarabelo,
FRANQUEE Lápiz ou Lelo,
E o Nerón poña o mantelo,
Demagógicas, na mesa,
As viandas, sen cabeza.

Bardalleiros, pura envexa…,
Non os cura ningún crego
Con ensalmos nin con credos.
¡INNOVACIÓNS para cegos!
Lápiz- RENOVE papexa.
El humor de Salas


O TREN SEMPRE FOI DE ESQUERDAS.
_____________________________________
As obras que o Nero espalla
Sonche as de misericordia:
Escribidor con borralla,
Procurando a desmemoria
Por encargo de Pandora,
A cotío, no Correo,
A treu, cantares de cego
Recita, canta, embebeda
Coa gracia virtual
Dun copista orixinal
Folclórico "a la Gallega"
Que ignora por que ela vai
Pola vida de Porteña.
------------------
Por esa espiña dorsal
Da Galiza milagreira,
Sempre a dereita a frear,
E en vez de correr, gatea
O TREN que habemos gañar
Sobre a opresión da ralea.
------------------
Xa aquel Curros liberal
O plasmara no poema…

SALASFEROCIANO EN PIPA.

_________________________

Sete vidas ten o ghato
Do miañar bioghrafía,
Do pescudar tralo rato,
Do taimar con tramposía,
Do escaquear no traballo,
Do bon/vivir regalado,
Do mal/rañar na barriga,
Por non decir no aparato,
Por non decir man de santo
Que fai garrapatería…
----------
Un Impertinente rancio,
SalasFerociano en pipa.
El humor de Salas
29.08.2008

HUMOR DE TRILOBITE.
______________________
Oficiar coma carneiro,
Ser mascota de palleiro,
Ser un mastín paspallán,
Ser nas portas cancerbeiro,
Ser nas capelas faldeiro,
Ser nas Salas gañapán,
Ser nas viñetas mal cheiro,
Ser nas vinganzas rapaz,
Ser en todo pouca cousa,
Ser en nada orixinal,
Un ente, ser unha lousa:
El é moi quen de enlousar,
De trilobite, nas portas.
¿Ú-lo humor que o Lápiz fai?
O CU DA CURUXA.
penoucho 29.08.2008 19.59
Arneironi, dime, ¿de onde tirará o Impertinente o tempo de ser tonto a rabiar?
Semella estar de garda. El non se cansa nunca.
El humor de Salas





AVE DE PAPEL TIMBRADO.
__________________________
É forte en ortografía;
Historiador consumado,
Fabulador asociado
Ao sabor da naftalina:
Rato lector do pasado,
El salvou a astroloxía
Mediante a fe no meigallo
Imperial da NEuROnía;
Un peixe fundamentado
Nos segredos da cociña
Do cociñeiro Arguiñano;
Coma bombeiro, incensario
Familiar da gasolina;
Un luthier da economía
Conselleiro de Traballo
Ou Ministro na Arxentina.
---------------------
Este indiano tan honrado
Atracou por Portisín
Laureado gachupín,
AVE de papel timbrado.

El humor de Salas

O CU DA CURUXA.
penoucho 07.09.2008 18.15
O capador de berberechos de H/AYER está sublime H/OY. E por enriba, o Miranda/o cosmopolita trae ideas de altura, porque vén moi leída/o "pour nous rendre visite".
Aventuro que o mes de setembro traerá moito lento no mundo das ideas.
El humor de Salas

O CU DA CURUXA.
GHABACHA 10.09.2008 19.13
Días felices para a gloria eterna do MAL/HUMOR DE SALAS.
Aplausos nas campas da BANCADA CENTRISTA do alpendre, onde, desde comenzos de mes, sobrancea a alitose dos lirios en descomposición do verán que trouxo a liguaraZ políglota.
Esterco a domicilio. Saúde?
O CU DA CURUXA.
GHABACHA 10.09.2008 20.30
Ghracias, Impertinente. A cada un o seu. Unha vez máis, reghas os lirios murchos con un pis/plás.
El humor de Salas.


SINUSITa.

Empurrado pola tirria,
Lostregante, HUMOR camiña
Ás SALAS de compostaxe;
No túnel da MAQUILLAXE,
Á COFIAda Mirandiña,
RECESIONarlle a vendima,
Quero dicir a vendaxe
Da entreperna apetecida...


¿Quen lle ha negar a mensaxe
Das SALAceS picardías
Ao bigote,
Ao cocote,
Ao soneto co estrambote
Que ao LÁPIZ lle SINUSITa
Pola espita,
Pola espiña,
Pola pita,
Pola pinga,
Polo escote,
Polo cote
Do chicote
Da verga da “ortografía”
Que o Zeta lle dictamina
Coa sardiña?
El humor de Salas
12.09.2008







A MIÑA ROSA.
__________________

Hai rosas de silabario
Nas camposas e silveiras;
Hainas de moitas maneiras,
Con donos amaneirados...
Hainas de papel pintado,
Estampadas nun retablo;
Hainas, derramando a seiva,
A carón dunha cadeira,
En aras dun ventre humano.
Pero a rosa que máis amo,
Esa que a min me desvela,
Ten de rosa verdadeira
Que non se compra ao contado,
Que non renuncia á roseira,
Que te apreixa e te embebeda,
Feiticeira,
Co seu halo.

(Vigo, 12/09/08)






LAMBECÚS AO CONTADO.
______________________________
Escritor de “h/ayer” con hache,
Capador do o “h/oy” que o leva,
O xastre de sol e sombra
Disque cociña as filloas
Ortográficas á pedra
Por devoción ao encaixe
De innovación nas lareiras.

Pirómano das mareas,
Bailarín de cambalaches,
Tanguista nunha regueifa,
Tamén matina de noite
Nas fórmulas raposeiras
De traballar mentres dorme,
De velar cando sestea.

Un NERÓN mal encarado,
Un pirómano encastrado
Nunha mosca colloeira,
Sempre da servil maneira
-Imantación dun mal fado-,
Impertinente e groseira
Lambe-coños e carallos,
Infestando parrumeiras,
E tellados.

El humor de Salas

COMO REZA O MANUAL.
___________________________
INOPIA, máis que palabra
Entre Francia e Portugal,
Vén sendo pro mestreSalas
Entelequia talismán:
Ollomol, linguado ao forno,
Que lle presta o Guadiana
No fluído intestinal
Cando o vocablo desdouro,
No canto dun adival,
Sobre o pelexo do touro,
Pon refugallo imperial
E non na Caixa de Aforros
Os máis prezados tesouros,
Como reza o manual.

Mirando cos pés de plomo,
Este peixe cheira á ASnar.

El humor de Salas
16.09.2008


PLUMAS DE SUMIDOIRO.
______________________________
Sinecura escribanía,
Petroleiros periscopios,
Ollar de cus para riba,
Derramar nos ventos tolos
Tornados de lavativas;
SALvAr da asfixia ao repolo,
Impertinente manía
De pór bandeira aos Zerolos;
Recoller Mirando o moño,
Darlle fervura ao birollo,
En bilingüe confraría,
Con plumas de sumidoiro...

NA QUINTANA.
GHABACHA 16.09.2008 16.39
Non podo estar máis conforme co recetario do Pitufo: A cultura da sumisión aos imperios - figura nas historias - sempre deu mellores resultados. Os pobres deste mundo non deben ter orgullo nin erguer a cabeza. Pitufo, co seu nome, xa fornece o exemplo.
El humor de Salas


POLO TOURAL DE COSTUME.
____________________________
Presumen do que non saben,
Saben ben do mal que asumen:
Fumando en pipa ao desmadre,
Desglobalizando estrume,
Desatan as leis do lume,
Xogan DOMINÓ co fume,
BRANQUEAN as leis da fame.


Coma cabestros discurren,
Coma cabestros distraen,
E á voz dun ¡xo! ou dun ¡arre!,
Polo toural de costume,
Serviciais para quen pague.

NA QUINTANA.
GHABACHA 17.09.2008 18.16
A mellor doctrina económica impártea sen dúbida o catedrático (da Complutense) de H/AYER, de H/OY, de sempre, o ilustrísimo NERÓN, que, na intimidade, se fai tamén chamar, por comuñón coa raza caló, o XITANO.
Parabéns para el; gloria para un Lápiz aLELadO e Impertinente.
NA QUINTANA.
GHABACHA 17.09.2008 20.16
No lle falta nada para acadar a excelencia. Extraordinario discurso MIRANDiAno. Formidable, asombroso, tamén o ex/curso por onde ven e vai polo río a lamprea.
Este predicador dá trigo e forno para cocelo.
El humor de Salas

CONSUMIDOR DE VASOIRA.
______________________________

NERÓN desvela o arcano
Daquel ouro de Moscú:
Rompe misterio enconado
Tan traído e tan levado
No trafegar do meigallo
Polas FRANQUICIAS do cu.

Quen malgastou nesa roña
O capital da memoria
Da disputa a contra luz
Merece o baldón da historia.
Por te librares do pus,
Déixate, NERÓN, de coñas.


Agasállote cun plus:
Consumidor de vasoira.

18/09/08

El humor de Salas


CANDO REMATA O VERÁN.

Lucindo traxe de Adán,
A Mirandiana asemblea
Na piscina sobrancea,
Sobre folla de afeitar,
Un centrismo liberal
De corte sacramental
Que parte o cu da marea
Pola base principal
Onde defeca a culebra,
O pato, o gato e o can
Liquidados nunha tenda
Ao rematar o verán.

El humor de Salas
20.09.2008

NO FRASCO DA MORALINA..
__________________________

Goberna o leite callado
A mirada pitufina:
LÁPIZpitufea ananos
Por acenos concertados
Coa grei da pitufanía.

--------------

Na carpeta de traballo,
Cartaz de cidadanía,
SALAS, por ben educado,
Para INEMar aos parados
Deseña humor de ardentía:

----------------

Sempre a viñeta envasando
No frasco da moralina…


El humor de Salas

NA QUINTANA.
GHABACHA 22.09.2008 19.20
LÁPIZ PARAFUSO.
Impertinente, o cabuxo
Desvira o ronsel do outono:
Por mor do SALAS cotorro
Secuaz da garrulería,
Ferinte, de parafuso,
Corre un cheiro a felonía.

Este camorrista en cromos,
Este LÁPIZ furabolos
Parafúsalle os miolos
Á carcoma e á polilla.

El humor de Salas
23.09.2008


POR MALVERSAR A PALABRA.
_________________________________
Entre a mecha e a gravata,
Disque lle presta ao salón
Un foguete pra sazón:
Mediando no cala - fala,
Aliñou LÁPIZ ración,
Salpementando o colchón
De anestesiar o nirvana
- ¡Pobre SALAS..! -
Coas armas da destrucción,
Por malversar a palabra…
_____________________________________
POLO OLLO QUE NON VE.
_____________________________
Tanto cabalgar corcel,
Tanta mendaz desventura,
Tanta montaraz cultura,
Tanta murcha mordedura,
Tanto tecer-destecer,
Tanto cantar no papel
O cantar da pechadura
Que nos pretende impoñer
Un desventurado Imper
Patentando a ferradura
Cun remate de cordura
Polo ollo de non ver.
_____________________________________

ENTRE O SER E O PARECER.
________________________________
Non che é o Xitano carneiro
Nin Nerón seu cabaleiro,
Non che é Lápiz mal pincel,
Nin che é Lelo un lareteiro,
Non che é Luis tecedeiro
De “tejerianos” corsés
Nin o Miranda, en clichés,
Alpinista de cortello;
Porque nunca puido ter
O dereito co revés
Bo noivado ou casamento.

Sonche persoas de xeito,
A salvación do mal pleito
Entre o ser e o parecer.
_____________________________________

Dime, Valquiria, por que
Non te afeitas o bigote;
Por que pretendes de cote
Aparentar quen non es.
-------------
Se, por desgracia, tal vez
Non te aceptas e te escondes,
Valquiria, rompe eses moldes,
Deixa de pensar cos pés.
-------------
Presumes de intelixente,
De plurilinguar o inglés,
O romanche e o francés,
E o alemán de copete…
--------------

En canto ao noso, xa ves,
Aquí renegas da “peste”
Do galego-portugués.


El humor de Salas



NA ESPADA E NO PISTOLÓN
__________________________

Por falar da CORRUPCIÓN,
Un SALAS, xa vengativo,
Quixo amosar un cuspido
-Pola cara, con perdón-
A ese pirata ao divino
Que entón luceu espelido,
-Secretos da profesión-;
Pero, rompendo o sentido
Da mesura e da razón,
Plantouno en corpo de simio,
Montaraz, solar tupido
-“Agrávase a sensación”-
De canto toxal e espiño
-Indixestións do ladrillo-,
Por comandar o partido,
Lle cómpre ao señor Rajoy.

------------------
Resumindo a SENSACIÓN,
O LÁPIZ pirateado,
-Se cadra porque o soñou-
A guisa dun espantallo,
Chantou careto entallado
Sobre espada e pistolón.

____________________________
PASPALLÁS DE CONDOMINIO.
___________________________

O cabezón asombrado,
A barba a carón do embigo,
A baba no sombreado,
O sombreado cumprido,
O seu cabelo escondido
Debaixo do selo en pano,
Emblemático carimbo:
Eis o pirata pintado
No garamelo de grilo
Dese famoso caprino,
Por non lle decir capado,
Paspallás do condominio:
Un Mirandiano enrollado
No papel de Celestino .
--------------------
POR SALVAR A CORTESÍA.
_______________________

Sacas mal lustre ao bigote
Co teu mal xenio, Valquiria,
Ao desterrar o capete,
Chicuelinas de estrambote,
Para llo endosar na sima.
------------------
Por salvar a cortesía,
¿Quen sabe se ao tal rillote
Lle fai gracia a picardía,
Se o pan de millo que come
Llo recomenda a barriga?


El humor de Salas
SALAS


MÁIS ALÁ DO NECESARIO.
________________________
Dous fungos de rechupete
Onda as follas do carballo;
Emparellado dobrete,
Dous corazóns -Pili e PePe-,
Pola frecha profanados,
Transgredidos, trastornados
De orxiástico quererse
Fóra do recomendado...
----------------
Quen non pecou de “indecente”
Nunca tivo poucos anos.
______________________________

MÁSTER EN CASTRACIÓNS.
___________________________
Neste alpendre moralista
Sentan cátedra de alfoz
O seudo-LápizFeroz,
O Miranda “voyerista”,
O Impertinente alquimista,
Pasando polo OTTimista
Cos dous tés de tontarrón»,
O Xitano de Nerón…
-------------
Por prendas - porque son bos-,
Aceptemos os sermóns
Do bo pensar de analistas
Con máster en castracións,
Nas castracións de alpinistas.

=======================
ÍA POLO MAR ABAIXO.
_____________________

Esa lanchita do xeito
Ía polo mar abaixo:
Roubáralle o vento a vela,
E a vela arrincoulle o mastro
Onde o mar quixo escondela.


-Coitada lancha do xeito,
Miña lanchiña gaiteira,
¡Canto cobizas a túa ribeira!


Esa lanchiña do xeito,
De nobre Carballo feita
Por destra man carpinteira,
Amañeceu, quilla ao pairo,
Entre Vilano e Fisterra.


-Coitada lancha do xeito,
Miña lanchiña gaiteira,
¡Canto cobizas a túa ribeira!


Ía polo mar abaixo:
Falta a xente da cuberta…,
Nin na tilla…, nin no rancho…,
¡E o mar non deu razón dela!
¡Cómpre acreditar no tempo..!


-Coitada lancha do xeito,
Miña lanchiña gaiteira,
¡Canto cobizas a túa ribeira!


Cando o mastro vexa o día
E pregunte pola terra,
Eu penso que ha reclamarlle
O seu tributo á marea,
E o mar, como sempre fixo,

Ha purgar a súa conciencia…

Xa por última vez, digo:

-Coitada lancha do xeito,
Miña lanchiña gaiteira,
¡Canto cobizas a túa ribeira!

¡Coa tripulación, o mastro e a vela!


(Vigo, 23/06/05)
El humor de Salas


CO BOLERO DE RAVEL.
_______________________

Por simple regra de tres,
O mapa do Zapatero
Deseñouno LápiZERO
-Encerella a solidez-
Nun cartaz do Corte Inglés;
Pendurouno do revés
-¡Malpocado financeiro!-
Do mastro daquel veleiro
Ancorado no Berbés:
¡Meu coitado carabel,
Ninguén te quixo acoller..!
---------------
SALAS, con vento mareiro,
-O mar tampouco ten fe-:
Afogouno nun regueiro
Co bolero de Ravel.


GHABACHA 26.09.2008 12.31
Pois *ode ter que conformar con estes centristas (de seu tan autocentrados no formol do cangrexo), *ode, pero polo visto levan razón, e, a disgusto, doulla.
Teño que tomar un remedio para aliviar a acidez de estómago.

Palabra facilona, discurso ensaiado (de véspera) a carón do espello, redondeado polo bigote desmadrado da envexa e polas rodas de muíño das fixacións, chistiños e xogos malabares diversos, metralla de cartón pedra, lixo…….., lixo………., lixo…………., lixo………., aires de grandeza, dunha pretendida superioridade de tirar para atrás, alento a allo, a cebola, a mal leite callado, a bruxa peluda, a sapoconcho destripado de días, ambición contrariada polo fracaso de quen lle tiña prometida a manxadoira, iso, fol de veleno……¿Qué lle interesa a este vivo demo o país? Puro conto. Puro conto tamén a historieta alpina de valquiria de ópera trucada. Puro conto (quero decir contaminado) canto aquí pretende representar esta diva de ficción.

Ususky, vou respirar un pouco fóra.

___________________________________________

Impertinencias da vida, eu tamén penso porlle unha demanda ao Lápiz porque esqueceu debuxar Gibraltar
e as Chafarinas.


El humor de Salas


ESTRUCTURA Á CONSTRUCCIÓN.
___________________________

Non por encubrir rancor
Ao abeiro dunha SALA,
Deixa o rancor de ter cara,
¡Moita cara…!, ¡mala cara..!,
Mala inquina e mala cor,
Un corazón de escorpión
Cumpridor dunha vinganza,
Servizo ao mellor postor;
Pois propalando a esperanza
Do “canto peor, mellor”,
Cre cementarlle carcasa:
Estructura á CONSTRUCCIÓN.





¡ALUCINA!
_____________________
UCINA, porque alUCINA,
Por activa e por pasiva…,
Porque sabe conxugar
O presente alucinar,
-Artes da perruquería-
A carbonciño e gomina,
Porque é cocer e cantar
Cos pés, do pé para a man,
Na cabeleira de ASnar
Sobre a mesa da cociña.
-----------
¡Alucina que alUCINA..!,
En singular e plural,
Un tupé de chulería,
Mellorando a economía,
Que nos compre emBOTELLAr
Para exportala enseguida.




El humor de Salas
28.09.2008

ATA QUE VOLTAR O CID.
_______________________

O novo furado vello
Descuberto por Awkíng,
Bautizouno o LAPIZero
Con mangueira de xardín,
Embostoulle o pavimento,
Seleccionoulle a matriz,
Púxolle espiñas de cerco,
Valados ao mar…; por fin,
Roubadas vistas ao vento
E, chantado o pectoril
Na pel do toural ibérico,
Permitiulle ao sol dormir,
A perna solta, o seu tempo,
Ata que voltar en si,
Co Babieca e mailo Cid,
E a sarna…, por sentimento.




El humor de Salas
29.09.2008


NOS OLLOS DO XABARIL.
_________________________

Edificante chistera,
Meditación con reprís,
Lugar de paz e de pis
Sobre OCOrrencia banqueira,
Liberalismo á primeira,
Bon regalo, ou regaliz,
Agasallo pro nariz,
Pro o nariz e pra peneira,
O froito da sementeira,
Ao abeiro dos cantís,
Con rede en malla ficheira.
----------------
¡Malpocada é a perdiz
Se inda chora e lagrimea
Nos ollos do xabaril!




COMO A GAIVOTA MARISCA.
_________________________
Farangullas do pastel,
Lingua de sapo cocida,
O pensamento valquiria
Escriturado a granel
Desenvolve o seu papel,
Discorre, busca a saída,
Pregunta pola mariña,
Polos muxos a manter,
Onda o peirao, por ver
Como a gaivota marisca
No Celeiro, por Viveiro,
En Burela ou Ribadeo…,
Desde o solpor ao mencer.



_________________________

VOLTA A TIRAR DA CADEA.
___________________________
Recluírase a pensar
Baixo un sombreiro de estrelas,
Incrustado na cadeira
Sobre o trono circular,
Falou palabra certeira.
Non se vira cousa igual,
Acaída, pendular,
Sementar da sementeira,
Polo furado da rella,
Unha tras outra, en fileira,
Na piscina comunal,
A semente á vertical,
Nada, mergulla, surfea,
Discurre pola marea…
---------
Conxugación do cagar:
¡Volta a tirar da cadea!

El humor de Salas
30.09.2008

NO LUMEIRO, NO FERRÓN.
________________________

Diría que o Plan DIETA
Alimenta a indixestión
Do Salas-Lápiz-Feroz
Coma dueto tizón,
Nutrindo o fervor da trepia,
Acariña o mal humor
Glandular dunha mofeta
Cando lle brinda ocasión
Un facho fiel do fogón
Ben irmandado coa mecha.
-----------
Nerón-Xitano, ¡Nerón!,
O lume que se enrabecha
A Impertinencia aSEVERA
No lumeiro, no ferrón…

El humor de Salas
01.10.2008

NA QUINTANA.
GHABACHA 01.10.2008 14.05
Non se lles debe mentar a raigame franquista fascistoide aos PePeiros. Iso denigra a súa sensibilidade artística e contraría a razón obxectiva da súa procedencia sociolóxica. Son xentes liberais, sen historia, sen cultura política de trastenda, só volcados en mirar ao futuro. Tiña que estar prohibido por lei aldraxar con semellantes invectivas.
Á conta do asunto, venme á memoria o exemplo libérrimo dunha valquiria, un tempo, a recoller flores silvestres (co bigote) nos Alpes da Suíza para montar entre nós unha perruquería.
Paga a pena soñar.
MIL PARES DE MAMBRÚS.
_________________________
Artes de birlibirloque,
En canto O Cara e O Cruz
Tornara xesto en bigote
Da valquiria de “LuCÚS”…,
Mirándolle o repelús
Á enxeñaría do pus,
Derivou nun despelote
Insoportable ao trasluz,
Fronte á luz, moi mal pegote
Liberalismo de azul,
De seu, sempre chapapote,
Chapapote…, chapapote…
De mil pares de mambrús.
Todos pagados a escote:

Marlbrough s'en va-t-en guerre,
Mironton, mironton, mirontaine,
Marlbrough s'en va-t-en guerre,
Ne sait quand reviendra. :|
|: Ne sait quand reviendra :|

Marlbrough s'en va-t-en guerre,
Mironton, mironton, mirontaine,
Marlbrough s'en va-t-en guerre,
Ne sait quand reviendra,
|: Ne sait quand reviendra. :|

Marlbrough s'en va-t-en guerre,
Mironton, mironton, mirontaine,
Marlbrough s'en va-t-en guerre,
Ne sait quand reviendra.

2. Il reviendra z'à Pâques,
Mironton, mironton, mirontaine,
Il reviendra z'à Pâques
Ou à la Trinité.

El humor de Salas
SALAS


MINI/HISTERIA enSALADA.
____________________________
Galano da catadura,
Senso da oportunidade,
Cultura da (im)propiedade,
Un goce na desventura,
Unha alitose sen cara,
Alitose sine/cura
Compartida con Miranda,
Unha alí/tose segura,
Tose ferina igualdada,
Por MINI/HISTERIA, enSALADA.


El humor de Salas

NA QUINTANA.
GHABACHA 04.10.2008 17.35
¡Que ben!, os máis ricos do SEMENterio...
El humor de Salas
07.10.2008
SALAS



comentarios: 23
NA QUINTANA.
GHABACHA 08.10.2008 22.17
CORTELLO DE TRANSPARENCIAS.
______________________
Para mouchos de azotea,
Sala ou salón maniquí;
Alpendre dun alfaquí
Onde harmoniza e interpreta
A moral do borceguín
Amistado coa perneira
Dun verderol..., colibrí...,
Gorrión de cabaceira...;
Transformista frenesí,
Libertador de abstinencias,
Iacusí dos iacusís:
Cortello de TRANSPARENCIAS.
El humor de Salas


FUMAROLAS DE ULTRATUMBA.
______________________________

O sol apadriña a escena,
Sementeira da brancura,
Todo empurra e todo apura,
Todo o solar transfigura
O caudal da súa presencia.
Despertar Lápiz da ausencia,
Encrequenar a estructura,
Feligranas da cintura,
Choutar da artesa á lareira,
Requintar na brincadeira,
Aproveitando a quentura,
Fumegar na parrumeira,
Acadar Salas altura,
Ennobrecer na figura,
Madurecer na figueira,
Voar, paxaro sen pluma,
Onde habite a mala herba,
Ao cartaz da mala uva
Que ao dar no aire envelena
A ingravidez da gravura…
………………………………

¡Ou, CIDADE da in/CULTURA,
Mausoleo da peneira!
¡Ou, gran pirámide emblema,
Fumarola de ultratumba!



El humor de Salas


VOOS SECRETOS DA CÍA.
___________________________


Aterraron peregrinos:

Caxato, cuncha, sombreiro,

Escravina de romeiro,

Longas barbas do camiño…

Pregaron no presbiterio;

Para congraciar co clero,

Bicaron mans do cabido;

Recolleron pergamiño,

Resgardaron o segredo;

-Palabra de sacramento-

Liscaron agradecidos

-Moito sixilo e silencio-,

Con rumbos descoñecidos;

Remontaron ben ao ceo

Para gozar do divino,

Para lles pelar o pelo,

Para lles pulir o estilo,

Para enguedellar o fío,

Para dar pulo ao misterio,

Quixeron pagar o empeño

De rebelarse, insumisos,

Malinterpretando un credo.

---------------
Bush, ASnar JOSÉ MARÍA,

VOOS SECRETOS DA CÍA:

Pór na picota ao Imperio,

Ir a por a gasolina…

El humor de Salas



El humor de Salas




PERTINAZ DEICA A FARTURA.
________________________


Furado a pastel por pasta,

Por Lápiz unha verruga:

Viñetas, unha por unha,

Baballar puras babuñas,

Coxear, coxo, caxata,

Papexar por malas pulgas,

Renquear por mala pata,

Pertinaz deica a fartura,

Baboso, babosa, escuma…

¿Quen ha purgar esas babas

Se a garlopa n´as depura?







===================


O domingo na PITAnza.

______________________

Valquiria de treixadura,

Lingua de trapo atrapada

No grolo da desmesura,

Bota a pacer á mira(n)da,

Amósanos dentadura,

Non desfalezas na usura,

Non te entristezas na “fala”

E dá pulo en plan chulada,

Co máis fetén da cultura,

Ao bilingüismo de altura

Que solta latre e apostata

O domingo, na PITAnza.




¡Canto dá de si o "Z" de GALIZA! O aproveitamento do famoso nudista resulta tan edificante coma resultou no seu día a actitude de quen cría que o Cancio estaba a lle abrir as portas, de cabo a rabo, á lascivia en Baroñas, en GaliZa, en España, e no mundo mundial, en batería.

Un adiantado de occidente, o afamado sociólogo mellor imitador do chivo. E detrás – pero au-dessus de la mêlée - a do bigote enrabechado pondo rumbo ao futuro.
____________________________________________

TRAVESÍA GHAITEIRA.
__________________________

Navegha con Chisdasvinto

A capitana lughesa;

Leva espantallo no bico,

Allos leva na peneira

De peneirar os carrizos

Desde Viveiro a Fisterra.

Disque leva un San Benito,

Disque leva, disque leva…

Un veleno viperino

De envelenar as culebras.

Seica, en cheghando ao Obelisco,

Na Coruña PITAñeira,

Ha cantar unha regheifa

Contrastada co marisco

Na travesía ghaiteira.


El humor de Salas


¡TUNEAR A ECONOMÍA!
_________________________

Oración atributiva,
atribución copular,
¡copular!, COPULAtiva,
predicado nominal,
nómina do capital,
¡capital..!, ¡capitanía..!,
¡eFUSIÓN da BANCARÍA!,
bancaria caixa caudal,
causa, raíz infernal,
inferno máis bruxería,
velatorio a trinta días,
diagrama en perspectiva,
perspectiva bianular,
anulación transversal,
transversalidade ambigua,
ambigüidade crucial,
CRUZada de crucería
crucifixión e agonía,
agónico cuadricular
cun baile por bulerías
dos buleiros liberais:
¡TUNEAR A ECONOMÍA..!

==========================


O SAN BERNARDO.


Por un pelo, o Impertinente

Non che agarra un resfriado,

Librouse del por honrado,

Por ser tan intelixente,

Por cumprido e por gallardo

Por tan pulido e valente,

Por ter a carie dun dente

A saldar nun anticuario.

Hai quen di que o maxistrado

Vai subastar, co birrete,

Un bo xarope de serpe

Que asfixia o peor catarro.
============================
El humor de Salas





O MAL/HUMOR DE SALAS.
__________________________________


Lápiz, non unha vez, dixéchelo varias…Diría, sen me extralimitar en exceso, que ata te gabas deses presuntos avais familiares de doble vía para logo aliñar as túas cotiáns enSALAdaS. Pero ti non precisabas botar man dese recurso por vía hereditaria. A túa re/coñecida pinión enraiza, trae causa e efecto -¡ colle a forza de lei da peringüela ! -a partires da publicación daquela famosísima viñeta no xornal de Ferrol, que esnaquizou a moral do franquismo e logo trouxo a democracia da que algúns - ¡ sen a máis mínima consideración, sen lle pedir permiso ao heroe, (coma o Garzón) a cegas…, a pico e a pala ! - ab/usamos. Para resumir e acabar dunha vez, no Lápiz non só hai un argumento de autoridade, senón de peso, por non decir –seguindo a segunda viñeta de onte- de euros que se miran de fronte.


O Lápiz sabe perfectamente dos “limitados recursos da in/xustiza” (de novo coa familia) e está documentadísimo - ¡non llo repitades a ninguén!- sobre quen matou aos seus tíos Braulio e Adolfo. Todo, pois, harmonizado, amañado e esclarecido. Os demais, se non saben, que aguanten, non sexa que a parte branca nacional se escureza e resinta.

¡Canto te admiro, Salas!


=======================================



CUN SALPICÓN DE MARISCO.

Gastador de profesión,

Cunha pala e cun bo pico,

Vexo marcial ao Nerón

Desfilar na procesión

Da cega man do nabizo,

Cambiarlle o paso ao menisco,

Profesar de basilisco

E oficiar de enterrador

Do noso idioma “galiZo”,

Dignificando a traición,

Na avenida do Cantón,

Cun salpicón de marisco.