sábado, 28 de febrero de 2009

Afectos naturais,


efectos espiciais do sol, no Calvario, en Louro-Muros.
_

viernes, 27 de febrero de 2009

Solpor


desde a Ghándara, Lariño.
**
**
Leixaprén 1º


Na praia do Mar de Lira,
Polo areal de Carnota,
Vai a Virxe do Remedios
Percorrendo a area longa.

Vai a Virxe dos Remedios
Percorrendo a area longa,
Coas súas pegadas miúdas
I-o seu coro de gaivotas.

Coas súas pegadas miúdas
I-o seu coro de gaivotas,
Que pousan no manso mar,
E navegan coma dornas.

Que pousan no manso mar,
E navegan coma dornas
E xogan nos tobogáns
Da aba plisada das ondas.

E xogan nos tobogáns
Da aba plisada das ondas,
Na praia do Mar de Lira,
Polo areal de Carnota.

Na praia do Mar de Lira,
Polo areal de Carnota,
Vai a Virxe dos Remedios
Percorrendo a area longa...

(D.J. Barreiros Lago)

Hórreo de Carnota.


"Clic" para ampliar la foto.

Foto ampliable.

martes, 24 de febrero de 2009

miércoles, 18 de febrero de 2009

martes, 17 de febrero de 2009

o que vedes


eu, que queredes, prefiro as nosas cabaceiras

o arado e o elefante anano, cada un ao seu

Esteiro do Lagares

domingo, 15 de febrero de 2009