domingo, 21 de noviembre de 2010

Recoñecemento a XOSÉ AGRELO HERMO

"O Concello de Muros tributou onte unha homenaxe a Xosé Agrelo, no cuarto cabo de ano do seu pasamento. Un busto do galeguista, descuberto pola súa dona, e unha árbore plantada na alameda de Esteiro dan fe do recoñecemento que o pobo de Muros lle rendeu ao mestre, escritor e político nado en Noia, pero que residiu a maior parte da súa vida na vila esteirana, na que finalmente morreu.
O actor Xosé Manuel Olveira, Pico , exerceu de mestre de cerimonias da homenaxe a Agrelo, lembrando a súa etapa persoal coma alumno do finado e dicindo: «Agrelo bregouse en moitas loitas, parte delas perdidas, pero destacou especialmente na defensa da nosa lingua».
A concelleira de Cultura, Laura Eiras, leu unha pequena biografía do homenaxeado, subliñando a súa incursión no mundo literario e, en especial, a súa achega ao teatro, destacando fitos nos que Xosé Agrelo foi protagonista de relevo, coma en Candea ou en Noite de Lobos , entre outros.
Tamén o fillo do mestre, Xosé Ramón Agrelo, interveu para agradecer a presenza dos veciños e amigos, así como a iniciativa do Concello de Muros para celebrar o acto. «Meu pai tiña a maxia de deixar, en cada un dos que con el se relacionaban, unha semente, que xermolaría ou non, segundo as pretensións de cada quen», dixo o primoxénito do homenaxeado.
Obra da escola obradoiro
O alcalde de Muros, Domingos Dosil, foi o encargado de pechar o acto. Fíxoo lembrando que os alumnos da escola obradoiro foron os encargados da instalación da infraestrutura do monólito e que o menos que podía facer o Concello era perpetuar a memoria do insigne veciño Xosé Agrelo. O rexedor rematou dirixíndose ao mestre con estas verbas: «Amigo Pepe, non corren bos tempos nestes intres para o noso pobo. Pero os maiores atrancos padéceos a lingua que tanto defendiches, aínda que estou seguro de que non haberá vendabal capaz de facela esquecer».
A familia ao completo de Agrelo, coa muller e os dous fillos e netos á fronte, acudiu onte a Esteiro para participar no acto na honra de Xosé Agrelo. O público que asistiu á homenaxe departiu amigablemente cos familiares do defunto, resaltando o gran parecido que ten o busto descuberto na localidade coa imaxe do finado.
O veciño de Esteiro Rodrigo Molinos tamén participou poñéndolle voz a un fragmento dunha obra de Xosé Agrelo, mentres que a agrupación folclórica Xeitura de Esteiro encargouse de abrir o acto da homenaxe, interpretando dúas pezas populares e tamén o himno de Galicia, no momento en que se descubría o busto.
A desapracible tarde de onte, con vento e unha chuvia persistente, non impediu que amigos, políticos, concelleiros do PSOE e do BNG de Muros, así coma significados membros do nacionalismo galego, actores e literatos acudiran a este acto. Ademais, entre os asistentes figuraban veciños de Noia e integrantes da corporación municipal da terra que veu nacer ao inesquecible Xosé Agrelo." (Voz de Galicia)

domingo, 13 de junio de 2010

domingo, 16 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS 20010

"Uxío Novoneyra, nado como Eugenio Novo Neira en Parada, lugar da parroquia de San Xoán de Seoane do Courel (Folgoso do Courel)[1], o 19 de xaneiro de 1930 [2] e finado enSantiago de Compostela o 30 de outubro de 1999, foi un poeta e escritor galego. Sendo fillo dunha familia de labregos, O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega. Dedicaráselle o Día das Letras Galegas de 2010."
(Na Galipedia, a Wikipedia en galego.)

sábado, 15 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS



SAÍDA AUTOBUS MUROS
•Louro (Parada bus Estanco); 10:00 h.
•Muros (Parada bus, quiosque Roquiño); 10:10 h.
•Serres (Paca); 10:15 h.
•Abelleira (Hórreo); 10:25 h.
•Tal (Caxuco); 10:30 h.
•Esteiro (Alameda); 10:40 h.


SAÍDA AUTOBUS OUTES
•O Freixo (Parada autobus liña); 10:50 h.
•Serra (Pza. Galicia, frente campo           futebol);11:00 h.

SAÍDA AUTOBUS NOIA
•Estacionamento InstitutoVirxe do Mar;11:00h.

SAÍDA AUTOBUS PORTO DO SON
•Lonxa vella (Pto. do Son); 10:30 h.


•Parada liña autobus (Portosin); 10:45 h.