jueves, 31 de diciembre de 2009

sábado, 26 de diciembre de 2009

jueves, 17 de diciembre de 2009

lunes, 14 de diciembre de 2009

RIMAduras


(para o "xiestas" solitario)

VÍA LÁCTEA
____________


...e no mar unha gamela,
de proa a popa, encalmada
no regazo da marea;
Valdexería SOLfea,
Valdexería FAimaxia
polo Cachón, pola Acea...


******
******


ARCABUZ PARA O SEU EGO
_____________________


Polos camiños do infindo,
navega no seu veleiro
un capitán estreleiro,
gran poeta -¡e divertido!-,
arcánxel do gran Cupido,
arcabuz para o seu ego.


****
****


DOUS GATOS
___________


Dous gatos a montar garda
-murallas de "amar, amor"-,
dous gatos e un reiseñor
custodiándoche a palabra...

E o "xiestas", que ben se afasta,
abandona Xericó.
_