miércoles, 16 de noviembre de 2011

jueves, 3 de noviembre de 2011

jueves, 7 de julio de 2011

Caridad González empeza ben...


QUE SE APLIQUE A PROPOSTA QUE ELA MESMA FACÍA PARA NÓS
Hai que ter moita cara para ó mesmo tempo que Caridad González Cerviño como procuradora do PSdG-PSOE de Muros está presentando recursos e demandas no xulgado para que os membros do anterior equipo de goberno devolvamos o que cobramos (por certo, entre os sete anteriores bastante menos do que propoñen agora para catro) nos presente semellante proposta para o novo goberno. As retribucións que propón son:
• Unha dedicación parcial cunha retribución de 2500 € /mes e catorce pagas anuais para a Alcaldesa.
• Unha dedicación exclusiva cunha retribución de 18oo €/mes e catorce pagas para o concelleiro delegado de obras, mantemento e medio ambiente.
• Dúas dedicacións parciais cunhas retribucións de 12oo €/mes e doce pagas anuais para outras dúas concelleiras.
• E, por se isto fora pouco, os dous concelleiros que quedan sen dedicación estarían na Xunta de goberno e cobrarían 70 € cada vez que esta se reúna (mínimo 4 veces ó mes) e 50 € por cada pleno ou comisión informativa.
Según o propio informe de intervención isto supón un incremento de 51.460 € anuais con respecto á anterior corporación, algo que non nos parece de recibo neste contexto de crise no que o propio presidente do goberno español e máximo dirixente do PSOE recomenda conterse neste tipo de gastos.
O que nun principio se podía considerar como unha “travesura” da actual Alcaldesa nun pleno no que se viu con superioridade numérica (pleno do 25-3-2010), agora está claro que non o é. Presenta unha moción por urxencia no pleno que logo anula o propio pleno nunha sesión posterior e ela insiste no proceso presentando un recurso no xulgado que caducaba o día 30 de maio e parece ser que formalizou cunha demanda “o mesmo día 30 de maio”, xa despois de seren as eleccións municipais e saber o resultado das mesmas, para que devolvamos o cobrado. ¡Nada de travesura, isto é premeditación e aleivosía!
Con todo, no BNG sempre defendemos que o que traballa debe cobrar e consideramos ademáis que Muros necesita e merece que se lle dedique tempo, polo que a nós o máis acertado pareceríanos unha dedicación exclusiva para a Alcaldía, máxime tendo en conta que o traballo de procuradora da actual Alcaldesa é , dende o noso punto de vista, incompatible co traballo de Alcaldesa, pois este require representar a tódalas persoas do noso concello e o de procuradora representa a uns en contra de outros. Agora mesmo está adoptando decisións como Alcaldesa que afectan a procesos nos que ela como procuradora representa a unha das partes e, estando nas dúas partes non están garantidas nin a obxectividade nin a imparcialidade (carrilanas de Esteiro ou o derribo dunha parede na zona do Campo de San Roque en Louro, por exemplo)
Vendo o que aconteceu na Deputación de A Coruña onde o anterior Presidente Salvador Fernández Moreda (do PSOE) tivo que darlle a escoller entre a dedicación á Diputación e o seu traballo como procuradora e ela escolleu o seu traballo como procuradora ( tendo que devolver o que cobrara demáis) está claro que nunca aceptaría unha dedicación exclusiva ó concello, polo que , como mínimo mentras non retire esa demanda e se disculpe publicamente, parece que a mellor opción é que se aplique a proposta que ela mesma facía para nós, que tódolos membros da Corporación cobremos o mesmo, a asistencia a órganos colexiados.
Para quedar cos apoios suficientes e poder sacar a súa proposta adiante expulsoume do pleno co primeiro aviso, sen facer uso dos tres que marca a lei. Pero isto non é todo, argumentou que a «insultei» para botarme do pleno e vouvos contar o que pasou.
Na súa intervención a Alcaldesa dixo que había que non ter vergonza para facermos a nosa proposta e cando eu tiven o meu turno díxenlle que para o que non había que ter vergonza era para propoñerse eses soldos ó mesmo tempo que está tentando por tódolos medios que nós devolvamos o que cobramos. Este foi o meu insulto, se o di ela non é insulto pero se o dicimos alguén da oposición entón si. Despois disto tamén expulsou a Quintela (concelleiro do BNG) e cando saía chamoulle «pallaso», ¿isto non é un insulto? Pero parece ser que ela pode.
Por certo, non me deixou ler no pleno o informe de intervención nin esta xustificación que agora vos estou poñendo no meu blog, está claro que hai cousas que non quere que saiba a xente, pero nós imos facer todo o posible para que saibades canto máis mellor.

Coherencia e austeridade do PSOE de Muros.


Hoxe, xoves, ás 10 da mañán, terá lugar o pleno de organización do Concello de Muros, nel decidirase a composición das distintas comisións, dedicacións e retribucións do equipo de goberno. Tamén se decidirá a periodicidade das sesións etc.
Polo de pronto, xa temos sobre a mesa a proposta da alcaldía, que agora deberá ser refrendada ou non polo pleno da corporación. Polo tanto xa podemos facer unha primeira lectura pois é toda unha declaración de intencións.
  • Na proposta plantéxase pasar de 1 pleno ao mes como ata de agora  a 1 pleno cada dous meses. Semella que que non lles gosta render contas
  • O alcalde pasa de cobrar 12 pagas de 1200 euros a 14 pagas de 2500, engadese ademais unha dedicación exclusiva de 14 pagas e 1800 euros e dúas parciais de 12 pagas de 1200 euros cada unha. Ademais dous membros do equipo de goberno cobraran por asistencias a Xunta de goberno ( 70 euros por reunión), Plenos (50 euros por pleno) e Comisións informativas (50 euros por reunión)
  • A proposta económica de retribucións eleva o gasto de 70 800 euros anuais que houbo no 2010 a 99 800 euros.Isto se chama actuar en consonancia coas recomendacións de Zapatero de axustarse o cinturon e de rebaixar salario aos funcionarios, conxelar as pensións e recortar en xeral as prestacións socias aos cidadáns.
  • Chamarlle dedicación parcial á dedicación da alcaldesa, é só unha argucia legal para burlar a incompatibilidade dunha dedicación exclusiva co traballo de procuradora, tal e como lle pasou na Deputación onde o seu Presidente tivo que obligarlle a escoller entre unha cousa e outra.
  • Organizativamente semella unha chapuza inoperativa. Que na Xunta de Goberno só figuren os concelleiros que non teñen delegación e non esté, por exemplo, o concelleiro delegado de obras, ou que o 1º tenente de alcalde non teña ningunha competencia ou que os presidentes das comisións informativas de  educación non sexa a concelleira delegada. Só ten unha explicación : tratase dunha componenda para poder cobrar todos e mitigar o cabreodos concelleiros que quedaron sen dedicación
O BNG sempre foi partidario duns salarios dignos para retribuir o traballo dos cargos públicos, pero está proposta non semella razonable no organizativo é resulta abusiva no económico.  O plano organizativo deixámolo para máis adiante agora centraremonos no económicoNon semella lóxico que no contexto actual, cando se están efectuando recortes e esixindo sacrificios aos cidadáns, veña unha corporación a aumentar o gasto en 29 000 euros é dicir un 41% mais.
Non é, máxime, se partimos da base que hai apenas un ano e tres meses, a actual alcaldesa e daquela portavoz socialista, aproveitou a ausencia por motivos de saúde dunha concelleira embarazada e doutra concelleira por motivos de traballo, para incluír por urxencia, pese a advertencia do secretario de que iso era nulo de pleno dereito,e redactando no propio pleno, unha moción retirandole o salario ao equipo de goberno anterior.

O asunto foi grave, pois o acordo tivo que ser declarado nulo, pero pensamos daquela, cecais inxenuamente, que se trataba dunha gamberrada política, é dicir dunha arroutada que só tiña intención de poñer atrancos na labor de goberno e seguir alimentando a estratexia da crispación.

Máis chegado o 30 de maio, 8 días despois de celebradas estas últimas eleccións, Caridad González como portavoz socialista, presenta un recurso no xuzgado para declarar nulo o acordo que anulaba a retirada de soldos, epretende que os concelleiros devolvan os salarios percibidos desde aquela. Isto xa non é o froito dunha arroutada senón algo pensado e meditado,  faise iso a sabendas de que este xoves hai que decidir precisamente sobre as retribucións. Tal comportamento reflicte ás claras o xeito de entender a política desta persoa e pretende manter viva tamén nesta lexislatura a crispación na sociedade, non se busca o beneficio do pobo, senon facer todo o mal que se poida ao adversario ( para ela enemigo) político
Se pensa que o que fai traballo público debe ser remunerado debería empezar por retirar esa demanda e pedir desculpas por tal comportamento.
Se, polo contrario, segue a opinar que os labores de goberno non merecen unha retribución, o que debería retirar é a súa actual proposta, simplemente por pura coherencia, de non ser así, é de supoñer que será o resto da corporación quen lle faga ver esa contradición. E xa se sabe «contra o vicio de pedir está a virtude de non dar»

miércoles, 2 de febrero de 2011

desde NARAIO

video
O comentarista sofre un lapsus cando lle chama Oroso ao monte NARAIO. Perdoen e acéptense as disculpas, que son limpas...