jueves, 7 de julio de 2011

Caridad González empeza ben...


QUE SE APLIQUE A PROPOSTA QUE ELA MESMA FACÍA PARA NÓS
Hai que ter moita cara para ó mesmo tempo que Caridad González Cerviño como procuradora do PSdG-PSOE de Muros está presentando recursos e demandas no xulgado para que os membros do anterior equipo de goberno devolvamos o que cobramos (por certo, entre os sete anteriores bastante menos do que propoñen agora para catro) nos presente semellante proposta para o novo goberno. As retribucións que propón son:
• Unha dedicación parcial cunha retribución de 2500 € /mes e catorce pagas anuais para a Alcaldesa.
• Unha dedicación exclusiva cunha retribución de 18oo €/mes e catorce pagas para o concelleiro delegado de obras, mantemento e medio ambiente.
• Dúas dedicacións parciais cunhas retribucións de 12oo €/mes e doce pagas anuais para outras dúas concelleiras.
• E, por se isto fora pouco, os dous concelleiros que quedan sen dedicación estarían na Xunta de goberno e cobrarían 70 € cada vez que esta se reúna (mínimo 4 veces ó mes) e 50 € por cada pleno ou comisión informativa.
Según o propio informe de intervención isto supón un incremento de 51.460 € anuais con respecto á anterior corporación, algo que non nos parece de recibo neste contexto de crise no que o propio presidente do goberno español e máximo dirixente do PSOE recomenda conterse neste tipo de gastos.
O que nun principio se podía considerar como unha “travesura” da actual Alcaldesa nun pleno no que se viu con superioridade numérica (pleno do 25-3-2010), agora está claro que non o é. Presenta unha moción por urxencia no pleno que logo anula o propio pleno nunha sesión posterior e ela insiste no proceso presentando un recurso no xulgado que caducaba o día 30 de maio e parece ser que formalizou cunha demanda “o mesmo día 30 de maio”, xa despois de seren as eleccións municipais e saber o resultado das mesmas, para que devolvamos o cobrado. ¡Nada de travesura, isto é premeditación e aleivosía!
Con todo, no BNG sempre defendemos que o que traballa debe cobrar e consideramos ademáis que Muros necesita e merece que se lle dedique tempo, polo que a nós o máis acertado pareceríanos unha dedicación exclusiva para a Alcaldía, máxime tendo en conta que o traballo de procuradora da actual Alcaldesa é , dende o noso punto de vista, incompatible co traballo de Alcaldesa, pois este require representar a tódalas persoas do noso concello e o de procuradora representa a uns en contra de outros. Agora mesmo está adoptando decisións como Alcaldesa que afectan a procesos nos que ela como procuradora representa a unha das partes e, estando nas dúas partes non están garantidas nin a obxectividade nin a imparcialidade (carrilanas de Esteiro ou o derribo dunha parede na zona do Campo de San Roque en Louro, por exemplo)
Vendo o que aconteceu na Deputación de A Coruña onde o anterior Presidente Salvador Fernández Moreda (do PSOE) tivo que darlle a escoller entre a dedicación á Diputación e o seu traballo como procuradora e ela escolleu o seu traballo como procuradora ( tendo que devolver o que cobrara demáis) está claro que nunca aceptaría unha dedicación exclusiva ó concello, polo que , como mínimo mentras non retire esa demanda e se disculpe publicamente, parece que a mellor opción é que se aplique a proposta que ela mesma facía para nós, que tódolos membros da Corporación cobremos o mesmo, a asistencia a órganos colexiados.
Para quedar cos apoios suficientes e poder sacar a súa proposta adiante expulsoume do pleno co primeiro aviso, sen facer uso dos tres que marca a lei. Pero isto non é todo, argumentou que a «insultei» para botarme do pleno e vouvos contar o que pasou.
Na súa intervención a Alcaldesa dixo que había que non ter vergonza para facermos a nosa proposta e cando eu tiven o meu turno díxenlle que para o que non había que ter vergonza era para propoñerse eses soldos ó mesmo tempo que está tentando por tódolos medios que nós devolvamos o que cobramos. Este foi o meu insulto, se o di ela non é insulto pero se o dicimos alguén da oposición entón si. Despois disto tamén expulsou a Quintela (concelleiro do BNG) e cando saía chamoulle «pallaso», ¿isto non é un insulto? Pero parece ser que ela pode.
Por certo, non me deixou ler no pleno o informe de intervención nin esta xustificación que agora vos estou poñendo no meu blog, está claro que hai cousas que non quere que saiba a xente, pero nós imos facer todo o posible para que saibades canto máis mellor.

No hay comentarios: