martes, 30 de septiembre de 2014

lunes, 8 de abril de 2013

BNG Muros. Galegofobia.

http://youtu.be/TZ57WAFrMXQ

jueves, 29 de noviembre de 2012

domingo, 14 de octubre de 2012

Movemento agrarista en Galicia (1922)

http://www.youtube.com/watch?v=eS6nS0kd76M&feature=colike

martes, 18 de septiembre de 2012

sábado, 8 de septiembre de 2012

domingo, 22 de julio de 2012

domingo, 29 de abril de 2012

Vantaxes da TRAIZÓN.


A decepción ocúpame máis da metade do corpo. Demasiado para unha soa persoa. Coa figura sacrificada do traidor ninguén se quere identificar. A parte formal e poética ten mérito, pero sen acadar o premio merecido. Hai un silencio cáseque sepulcral arredor da súa misión histórica. O que vos digo, histórica, e de progreso. ¿Qué sería de nós, crentes de toda a vida, se Xudas na súa colaboración necesaria se tivera negado a colaborar a misión redentora de entregar ao Señor para sermos despois lavados da débeda que tíñamos? A ver, contestade. Andaríamos por aí, polo mundo, á deriva. 


E dando un salto atrás: Caín e Abel eran irmáns, e do mesmo partido. Coa escisión inevitable veu a loita, a traizón e a guerra, que é fonte de progreso para resolver crises. Estamos nas que estamos, porque grazas á traizón, ao esquirol, ao desleal, ao pelota as fábricas non pechan, etc., etc. 


O caso de Virato é de libro: Romanización, cultura, a repera. Quen entregou a Viriato non está nos altares porque no Imperio Romano aínda non mandaban os PPaPPas. ¿É así ou non é? Acábame de saltar a cabeza Bruto, o recomendado de César: “…tu quoque, fili mi!” En fin, non vale a pena seguir, os exemplos de sacrificio do traidor son tantos e tantos, que non me vexo capacitado para o traballo enciclopédico de contalos todos. Seguro que, entre vós, hai xente máis preparada. 


Pásovos este testigo.

sábado, 28 de abril de 2012

ESQUIROL misioneiro.


Quen minusvalore a incontrovertible contribución do esquirol á felicidade humana, que é a verdadeira meta do progreso, é por malicia, por ignorancia ou poque se equvoca. Estamos a medio paso do 1º de maio, exaltación do traballo e da clase traballadora. ¡Miúdo disparate! Unha festa para celebrar unha condea bíblica, cando a ocupación trae diñeiro á casa, dá de comer ás formigas e reparte riqueza. Déixoo quedar aí, de momento… Porque xa me acelero.

Un home con visión de futuro, Franco (sen ir máis lonxe) tratando de ser máis PPaPPista que o PPaPPa, deu o paso seguinte e cambiouna, daquela, por San Xosé Obreiro, un artesán certamente, pero por conta PProPPia, sen convenio regulador, sen un horario fixo, sen dereitos sociais, sen seguro ningún antes da PPresente reforma que llos outorga todos, é dicir, aínda que o de santo de toda a vida non se lle discute, estaba fóra de prazo ou á marxe do sistema. Por iso xa o desterraron ata do calendario.

As cousas, cando son comedidas, aburren. Este esquema estaba, polo tanto, condeado ao fracaso. E aquí entra, arrasando, a cabalo, o esquirol pisando forte para restablecer a selección natural nunha harmonía cósmica que enriquece aos xordos. Parece contradictorio nos termos, e sen embargo non o é, senón moi ao contrario. Eso compréndeno perfectamente os oPPerarios que apoian á dereita e se deixan matar polas PPromesas “da envexa igualitaria” de Mariano Rajoy. A economía mundial está, como todos sabedes, en man das axencias calificadoras da débeda, das grandes corporacións, e os Zapateros de turno aquí non PPintan nada. O esquirol pensa, fala e serve ás leis do mercado coa fidelidade dos cans de palleiro, que, por certo, son os mellores gardiáns contra o vendaval, contra o raposo e a marta.

Xa se ve por onde vai a reflexión matutina, pois nesta viaxe realista embarco as miñas palabras no barco de papel a navegar, a todo trapo, onde o esquirol xa fai de capitán sen parche de pirata.

E cambiando de terzo, nunha segunda parte de filosofía chinesa, indo e vindo do global ao particular e partidario, a ver se xunto un ripio:


Competir por esquirol
Só convence ao submarino:
Contubernia en ollomol,
Periscopia en caracol,
Pastorea en langostino.

Moralista en camerino,
Ético irmán do charol
Tuneado no formol,
Subastado por porcino,
Cabaleiro…, e celestino.

Casamenteiro da col,
Compositor de caprino.

(Rioderradeiro)


A que non era para tanto…

sábado, 10 de marzo de 2012

Coa firmeza e claridade que o pobo esixe.


Unha análise necesaria da nosa última historia para entender con claridade o que segue a acontecer fóra e dentro do BNG

O que se oculta sobre o BNG






1. Datos e alternativas da XIII Asemblea Nacional.


Sen liberdade, a democracia é unha falacia. Sen unha información contrastada tampouco pode existir. E cun férreo control a deriva ideolóxica e informativa está asegurada. Non poderemos ser libres para decidir mentres a información se dea incompleta e pasada polo coadoiro do mesmo poder.

Por isto quero lembrar os datos sobre o BNG que intencionadamente se ocultaron ou se deixaron na trastenda de quen guía aínda a información pública do que nel está a acontecer. Coa intención de que a análise dos feitos  sexa o máis obxectiva posíbel e coa intención tamén de que ninguén escape das consecuencias dos seus actos.

Tomo os datos ofrecidos nun interesante editorial do Terra e Tempo dixital e ao que chamo para a súa lectura: Na votación das candidaturas para o Consello Nacional, Alternativa pola Unidade obtivo o 48,76% dos sufraxios, Para un novo Proxecto Común, Refundación e Rexeneración (+G e EI), o 45,65 % e o Movemento Galego ao Socialismo, o 5,59%. Na  Asemblea anterior, no 2009, o resultado fora, respectivamente, o 45,29%, o 51,59% e o 3,13%. Á vista está que se produciu un avance de Alternativa pola Unidade de tres puntos e medio e do MGS de dous puntos e medio. A importante porcentaxe obtida por "Para un novo Proxecto..." é inferior en 6 puntos á conseguida pola suma de EI e +G na Asemblea de Maio de 2009.

O candidato á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, gañou cun 53,37 %, e o noso Portavoz Nacional, Guillerme Vázquez, na segunda volta, cun 53,95 %, os dous presentados pola ApU (Alternativa pola Unidade) e non pola UPG, siglas estas que, para ocultar as da ApU, polo tanto para negar a presenza maioritaria de milleiros de independentes, foron utilizadas reiteradamente como siglas da candidatura por practicamente toda a información que se deu posteriormente, incluída a dos representantes da candidatura perdedora presentada na Asemblea.

Outros datos moi distintos son os que definiron o apoio á Tese Política e Organizativa que rexerá até a próxima Asemblea Nacional. Neste caso, os apoios á tese sobre a que se configuraron os debates nas comarcas unha vez decaídas as que presentaban as outras alternativas, foron en números redondos do 70 % fronte a un 30 % (2000 fronte a 1000 nos plenos da Asemblea Nacional), cunha participación menor, pois, fronte á que se deu para a elección dos cargos de dirección (neste caso algo máis de 4000 votantes en total). Por que ocorreu isto? Pois porque a proporción de votantes que apoiaron a ApU mantense nas dúas votacións, a dos cargos de dirección e a da Tese Política e Organizativa; e a da que se presentou por Mais Galiza e Encontro Irmandiño, suma case 1000 máis cando se vota para os cargos. Estes 1000 votantes máis aparecen á hora en que se abren as urnas para as distintas votacións e desaparecen unha vez que se cerran. Igual, máis ou menos, aconteceu nas comarcas no debate das Alternativas políticas. Compróbase o mesmo interese en ApU por debater tanto as teses políticas e ideolóxicas como os representantes que as han levar a cabo como proxecto unitario. Non acontece así nos demais. Eles van a polos cargos, a controlar a dirección. De ter gañado habería que preguntarse que alternativas políticas e organizativas poñerían en práctica. En coherencia, parece unha contradición que optasen ao Consello Nacional unha vez que  as súas teses políticas foron derrotadas. 

2. Práctica política dos últimos anos

Non foi homoxénea dentro do BNG, sobre todo desde a experiencia do goberno na Xunta. A tese que agora se defendía era a de entrar abertamente no sistema. A adaptación total a el, xa que logo. Ou divagar fronte ao altermundismo con alternativas que realmente non se plasmaron en nengún momento, porque esas eran as da Tese que eles non aprobaron. A Europa dos ladróns, o bilingüismo, a economía de mercado, a Autonomía como proceso altamente positivo, o galeguismo fronte ao nacionalismo, reconversión do BNG nun partido... rompían  a ideoloxía propia do nacionalismo. E en moitos dos concellos en que gobernaba o BNG e nalgunha consellaría por eses criterios andou a cousa. Como tamén o uso do caciquismo como práctica para gañar procesos electorais internos. Na loita social, na loita cultural e idiomática, curiosamente, a ausencia dos chamados críticos era rechamante. Non nun caso: en practicamente todos. 

Perdiamos o noso carnet de indentidade a marchas forzadas. A baixa electoral veu por aí tamén, porque a xente xa non sabía quen eramos realmente.  Na dirección nacional tiñan maioría +Galiza e o EI, pero parece que con eles non ía a cousa, e todo o que se facía era mal da UPG, esa experta en control e dexeneración. E menos mal que tivo a paciencia suficiente para non ceder á  reiterada provocación. A pesar das que lle caeron, como sempre, a Francisco Rodríguez ou Bautista Álvarez, figuras dunha práctica, coherencia e historia que non se daban precisamente en quen usaban os altofalantes. Algún día falarei deste tema con fondura. Uns traballaban (os parásitos eses, os da planta carnívora, insulto que nen o peor inimigo botou nunca); e que facían os outros?... oposición, claro, como se o BNG fose o Parlamento de Galiza cos bos nunha bancada e os malos noutra. Uns na guerra e outros dándolle ao mando no sofá. Non é críbel que todos os males sexan sempre dun sen que o compañeiro do lado  teña algo que ver. E aquí, desde xa hai moito, parece que os demais foron uns anxiños manipulados e controlados con sectarismo. Lembrades unha das cousas que se estivo repetindo arreo durante o proceso inicial de ataque ao BNG, á UPG?: os maiores éxitos da Fronte déronse cando Beiras era deputado e estaba á cabeza da organización. Os peores cando el xa non estaba e controlaba a UPG. A frecha lanzada rompe por simple lóxica: como sempre mandou a UPG (consenso xeral), mesmo cando estaba Beiras no seu mollo, a etapa das vitorias e dos bos resultados sería lóxico achacarlla tamén á UPG, posto que era ela quen mandaba. Ou? Daquela é análise obxectiva a que se fai ou obxectivo de acoso a quen segue a manter os postulados unitarios e ideolóxicos do BNG sen entregarse ao sistema? Demasiado doada a busca do culpábel. E demasiado teimosa.
3. A historia

O BNG fundouse en 1982 despois de que a AN-PG apoiada pola UPG decidise, xa nunha etapa de consolidación do sistema autonómico, autodisolverse para formar unha Fronte patriótica que acollese a todo o nacionalismo. Xuntáronse en réxime de autoconvocatoria partidos, grupos políticos e persoas interesadas e decidiron en asemblea fundar o BNG. Non houbo un fundador especial, pois; foi unha fundación colectiva de todos e todas as que se reuniron en Riazor.

A historia define a práctica que cada quen creou no seu desenvolvemento. No BNG naceron varios grupos e correntes nos últimos anos con estratexias máis ou menos definidas e de distinto carácter. Uns acabaron por desaparecer. Outros continúan ou naceron hai aínda pouco, con criterios ideolóxicos ou políticos diferentes. É a riqueza que dentro do pluralismo pode dar unha Fronte  política do tipo do BNG. Mais se nos atemos ao resultado final durante o proceso dos últimos anos a UPG foi o partido que conseguiu reunir ao seu redor o maior número de militantes, baixo un programa político estratéxico ben definido e cunha praxe de importante introdución social. Non digo isto por chufarme, senón para analizar o por que se dá este proceso só na UPG e non en calquera dos outros grupos formados. Por que o PSG non existe hoxe? Por que EN, por exemplo, non conseguiu unha presenza social e militante de peso? Se as forzas políticas ou grupos, fosen do signo que fosen, tivesen esa presenza necesaria andaríamos agora noutra situación e o que está a acontecer, no peor dos casos, daríase de forma máis construtiva e respectuosa. Un grupo político non se pode formar porque hai que rexenerar o BNG ou porque hai que controlar os representantes nas institución para así ter poder. Un grupo político ou partido político fórmase por un idearium estratéxico que non contradiga os principios que definen a Fronte na que está incluído. Con isto quero dicir que todos os grupos, partidos e persoas tiveron campo aberto para desenvolver as súas alternativas organizativas de o consideraren. Por que non conseguiron crear algo forte, homoxéneo e consolidado? E por que a UPG si? Hai que matala por iso?

4. O futuro

De ter tomado a decisión de se ir do BNG parte dalgúns dos grupos formados no seu interior, era necesario que o fixesen para dar idea de que a organización ficaba practicamente destruída? Como segunda parte deste longo culebrón, tiñan e teñen que andar día a día alimentando esta idea falsa? Saben que lle están facendo a campaña das Autonómicas a Feijoo e ao PP? Porque andamos nesa campaña agora, e nestes dous meses estase definindo a maioría que vai gobernar no próximo ano. Poden ser tan inocentes de crer que van ter os medios de comunicación ao seu favor? Agora si, porque hai que potenciar esa desfeita hipotética do nacionalismo. Pero despois, que? Lembro as campañas que montaba o PP cando Beiras era candidato ao Parlamento de Galicia. Tiñamos que saír a defendelo en cada mitin, charla ou batalla. Había algún medio de comunicación que o potenciase e lle dese titulares e pantalla? Por que ese home que foi un diaño daquela se muda agora nunha especie de pai da patria? Sabemos a que leva este estraño interese de ex-compañeiros e compañeiras en planificar a desfeita cada día?

Partido, fronte, asemblea, ecogaleguismo, M-15, españolismo de esquerdas galeguizado... Uns  grupos que se escinden do BNG aparecen axiña multiplicados e divididos dando unha idea penosa do nacionalismo. (Non sei que sairá de todo isto, mais sei o que ocorreu sempre que se montou un partido galeguista de centro adaptado ao momento). E neste momento en que o capitalismo está a exercer a máis dura ditadura; neste momento en que o PP está a bombardear a nosa identidade e os avances sociais logrados. Mais sei en quen xa non podo confiar, que estou nunha organización que anda a reconstruír un carnet de identidade plastificado nos últimos anos, que acaba de aprobar en asemblea masiva e con altísima porcentaxe un programa para a acción e a liberación do noso pobo e da súa dignidade. E sei que a ilusión volveu, esa forza ideolóxica tan necesaria para avanzar socialmente, porque é a única arma que temos quen queremos mudar realmente a situación desta nación; que volveu ese orgullo de ser e exercer como galego con claridade e sen disimulo. Sei tamén que esa parte que se foi e se anda a ir, debilita a nosa forza, mais, pola contra, reafírmanos no que queremos e remata coa batalla máis cruel de learse cada día. Aclaradas, pois, as ideas e obxectivos, andamos outra vez, na unión firme dunha masa moi numerosa que axiña habemos multiplicar. Que non se enganen os nosos contrincantes e inimigos políticos: o BNG move xa a nova etapa. Coa firmeza e claridade que o pobo esixe.



lunes, 6 de febrero de 2012

DONINGOS DOSIL CUBELO (IN MEMORIAM 2)

   DOMINGO DOSIL CUBELO, un exemplo de superación persoal e de compromiso social, acaba de nos deixar tras unha grave doenza que el levou tan discretamente coma discreta foi a súa propia vida. Tetrapléxico desde os 17 anos por mor dun accidente no mar, Domingos Dosil superou todos os atrancos da marxinación física e social e foi quen de se forxar un carácter, unha formación técnica e intelectual e un compromiso social cos semellantes.


  Rompendo moldes e convencionalismos, DOSIL CUBELO organizou aos discapacitados da bisbarra de Muros-Noia e participou na fundación de diversos organismos, coma COCEMFE; desempeñou, entre outros cargos, a Presidencia do Comité Español de Representantes de Minusválidos (CERMI) en Galiza,  fundadou e presidiu ADIBISMUR e tamén foi Presidente fundador de COGAMI durante 17 años, ata o 2007, cando resultou elexido Alcalde de Muros polo BNG co apoio (sorprendente) do PP muradán, que non permitiu gobernar a Caridad González Cerviño (do PSOE), enfrontada persoal e politicamente a nacionalistas e conservadores, despois dun experiencia de goberno municipal autócrata, enquistado e prepotente.


  A imaxe pública de DOMINGOS DOSIL  é a dun combatente nacionalista infatigable, un modelo de entrega ata a última hora, cando aínda se esparaba moitísimo da súa colaboración a prol do noso país. De Domingos Dosil, pese ás limitacións que o encadeaban a unha cadeira de rodas, pódese dicir, en verdade, que morreu coas botas postas. Habémolo botar de menos.

¡Boa viaxe, amigo!

!

sábado, 10 de diciembre de 2011

miércoles, 16 de noviembre de 2011

jueves, 3 de noviembre de 2011

lunes, 11 de julio de 2011

jueves, 7 de julio de 2011

Caridad González empeza ben...


QUE SE APLIQUE A PROPOSTA QUE ELA MESMA FACÍA PARA NÓS
Hai que ter moita cara para ó mesmo tempo que Caridad González Cerviño como procuradora do PSdG-PSOE de Muros está presentando recursos e demandas no xulgado para que os membros do anterior equipo de goberno devolvamos o que cobramos (por certo, entre os sete anteriores bastante menos do que propoñen agora para catro) nos presente semellante proposta para o novo goberno. As retribucións que propón son:
• Unha dedicación parcial cunha retribución de 2500 € /mes e catorce pagas anuais para a Alcaldesa.
• Unha dedicación exclusiva cunha retribución de 18oo €/mes e catorce pagas para o concelleiro delegado de obras, mantemento e medio ambiente.
• Dúas dedicacións parciais cunhas retribucións de 12oo €/mes e doce pagas anuais para outras dúas concelleiras.
• E, por se isto fora pouco, os dous concelleiros que quedan sen dedicación estarían na Xunta de goberno e cobrarían 70 € cada vez que esta se reúna (mínimo 4 veces ó mes) e 50 € por cada pleno ou comisión informativa.
Según o propio informe de intervención isto supón un incremento de 51.460 € anuais con respecto á anterior corporación, algo que non nos parece de recibo neste contexto de crise no que o propio presidente do goberno español e máximo dirixente do PSOE recomenda conterse neste tipo de gastos.
O que nun principio se podía considerar como unha “travesura” da actual Alcaldesa nun pleno no que se viu con superioridade numérica (pleno do 25-3-2010), agora está claro que non o é. Presenta unha moción por urxencia no pleno que logo anula o propio pleno nunha sesión posterior e ela insiste no proceso presentando un recurso no xulgado que caducaba o día 30 de maio e parece ser que formalizou cunha demanda “o mesmo día 30 de maio”, xa despois de seren as eleccións municipais e saber o resultado das mesmas, para que devolvamos o cobrado. ¡Nada de travesura, isto é premeditación e aleivosía!
Con todo, no BNG sempre defendemos que o que traballa debe cobrar e consideramos ademáis que Muros necesita e merece que se lle dedique tempo, polo que a nós o máis acertado pareceríanos unha dedicación exclusiva para a Alcaldía, máxime tendo en conta que o traballo de procuradora da actual Alcaldesa é , dende o noso punto de vista, incompatible co traballo de Alcaldesa, pois este require representar a tódalas persoas do noso concello e o de procuradora representa a uns en contra de outros. Agora mesmo está adoptando decisións como Alcaldesa que afectan a procesos nos que ela como procuradora representa a unha das partes e, estando nas dúas partes non están garantidas nin a obxectividade nin a imparcialidade (carrilanas de Esteiro ou o derribo dunha parede na zona do Campo de San Roque en Louro, por exemplo)
Vendo o que aconteceu na Deputación de A Coruña onde o anterior Presidente Salvador Fernández Moreda (do PSOE) tivo que darlle a escoller entre a dedicación á Diputación e o seu traballo como procuradora e ela escolleu o seu traballo como procuradora ( tendo que devolver o que cobrara demáis) está claro que nunca aceptaría unha dedicación exclusiva ó concello, polo que , como mínimo mentras non retire esa demanda e se disculpe publicamente, parece que a mellor opción é que se aplique a proposta que ela mesma facía para nós, que tódolos membros da Corporación cobremos o mesmo, a asistencia a órganos colexiados.
Para quedar cos apoios suficientes e poder sacar a súa proposta adiante expulsoume do pleno co primeiro aviso, sen facer uso dos tres que marca a lei. Pero isto non é todo, argumentou que a «insultei» para botarme do pleno e vouvos contar o que pasou.
Na súa intervención a Alcaldesa dixo que había que non ter vergonza para facermos a nosa proposta e cando eu tiven o meu turno díxenlle que para o que non había que ter vergonza era para propoñerse eses soldos ó mesmo tempo que está tentando por tódolos medios que nós devolvamos o que cobramos. Este foi o meu insulto, se o di ela non é insulto pero se o dicimos alguén da oposición entón si. Despois disto tamén expulsou a Quintela (concelleiro do BNG) e cando saía chamoulle «pallaso», ¿isto non é un insulto? Pero parece ser que ela pode.
Por certo, non me deixou ler no pleno o informe de intervención nin esta xustificación que agora vos estou poñendo no meu blog, está claro que hai cousas que non quere que saiba a xente, pero nós imos facer todo o posible para que saibades canto máis mellor.

Coherencia e austeridade do PSOE de Muros.


Hoxe, xoves, ás 10 da mañán, terá lugar o pleno de organización do Concello de Muros, nel decidirase a composición das distintas comisións, dedicacións e retribucións do equipo de goberno. Tamén se decidirá a periodicidade das sesións etc.
Polo de pronto, xa temos sobre a mesa a proposta da alcaldía, que agora deberá ser refrendada ou non polo pleno da corporación. Polo tanto xa podemos facer unha primeira lectura pois é toda unha declaración de intencións.
  • Na proposta plantéxase pasar de 1 pleno ao mes como ata de agora  a 1 pleno cada dous meses. Semella que que non lles gosta render contas
  • O alcalde pasa de cobrar 12 pagas de 1200 euros a 14 pagas de 2500, engadese ademais unha dedicación exclusiva de 14 pagas e 1800 euros e dúas parciais de 12 pagas de 1200 euros cada unha. Ademais dous membros do equipo de goberno cobraran por asistencias a Xunta de goberno ( 70 euros por reunión), Plenos (50 euros por pleno) e Comisións informativas (50 euros por reunión)
  • A proposta económica de retribucións eleva o gasto de 70 800 euros anuais que houbo no 2010 a 99 800 euros.Isto se chama actuar en consonancia coas recomendacións de Zapatero de axustarse o cinturon e de rebaixar salario aos funcionarios, conxelar as pensións e recortar en xeral as prestacións socias aos cidadáns.
  • Chamarlle dedicación parcial á dedicación da alcaldesa, é só unha argucia legal para burlar a incompatibilidade dunha dedicación exclusiva co traballo de procuradora, tal e como lle pasou na Deputación onde o seu Presidente tivo que obligarlle a escoller entre unha cousa e outra.
  • Organizativamente semella unha chapuza inoperativa. Que na Xunta de Goberno só figuren os concelleiros que non teñen delegación e non esté, por exemplo, o concelleiro delegado de obras, ou que o 1º tenente de alcalde non teña ningunha competencia ou que os presidentes das comisións informativas de  educación non sexa a concelleira delegada. Só ten unha explicación : tratase dunha componenda para poder cobrar todos e mitigar o cabreodos concelleiros que quedaron sen dedicación
O BNG sempre foi partidario duns salarios dignos para retribuir o traballo dos cargos públicos, pero está proposta non semella razonable no organizativo é resulta abusiva no económico.  O plano organizativo deixámolo para máis adiante agora centraremonos no económicoNon semella lóxico que no contexto actual, cando se están efectuando recortes e esixindo sacrificios aos cidadáns, veña unha corporación a aumentar o gasto en 29 000 euros é dicir un 41% mais.
Non é, máxime, se partimos da base que hai apenas un ano e tres meses, a actual alcaldesa e daquela portavoz socialista, aproveitou a ausencia por motivos de saúde dunha concelleira embarazada e doutra concelleira por motivos de traballo, para incluír por urxencia, pese a advertencia do secretario de que iso era nulo de pleno dereito,e redactando no propio pleno, unha moción retirandole o salario ao equipo de goberno anterior.

O asunto foi grave, pois o acordo tivo que ser declarado nulo, pero pensamos daquela, cecais inxenuamente, que se trataba dunha gamberrada política, é dicir dunha arroutada que só tiña intención de poñer atrancos na labor de goberno e seguir alimentando a estratexia da crispación.

Máis chegado o 30 de maio, 8 días despois de celebradas estas últimas eleccións, Caridad González como portavoz socialista, presenta un recurso no xuzgado para declarar nulo o acordo que anulaba a retirada de soldos, epretende que os concelleiros devolvan os salarios percibidos desde aquela. Isto xa non é o froito dunha arroutada senón algo pensado e meditado,  faise iso a sabendas de que este xoves hai que decidir precisamente sobre as retribucións. Tal comportamento reflicte ás claras o xeito de entender a política desta persoa e pretende manter viva tamén nesta lexislatura a crispación na sociedade, non se busca o beneficio do pobo, senon facer todo o mal que se poida ao adversario ( para ela enemigo) político
Se pensa que o que fai traballo público debe ser remunerado debería empezar por retirar esa demanda e pedir desculpas por tal comportamento.
Se, polo contrario, segue a opinar que os labores de goberno non merecen unha retribución, o que debería retirar é a súa actual proposta, simplemente por pura coherencia, de non ser así, é de supoñer que será o resto da corporación quen lle faga ver esa contradición. E xa se sabe «contra o vicio de pedir está a virtude de non dar»