lunes, 6 de febrero de 2012

DONINGOS DOSIL CUBELO (IN MEMORIAM 2)

   DOMINGO DOSIL CUBELO, un exemplo de superación persoal e de compromiso social, acaba de nos deixar tras unha grave doenza que el levou tan discretamente coma discreta foi a súa propia vida. Tetrapléxico desde os 17 anos por mor dun accidente no mar, Domingos Dosil superou todos os atrancos da marxinación física e social e foi quen de se forxar un carácter, unha formación técnica e intelectual e un compromiso social cos semellantes.


  Rompendo moldes e convencionalismos, DOSIL CUBELO organizou aos discapacitados da bisbarra de Muros-Noia e participou na fundación de diversos organismos, coma COCEMFE; desempeñou, entre outros cargos, a Presidencia do Comité Español de Representantes de Minusválidos (CERMI) en Galiza,  fundadou e presidiu ADIBISMUR e tamén foi Presidente fundador de COGAMI durante 17 años, ata o 2007, cando resultou elexido Alcalde de Muros polo BNG co apoio (sorprendente) do PP muradán, que non permitiu gobernar a Caridad González Cerviño (do PSOE), enfrontada persoal e politicamente a nacionalistas e conservadores, despois dun experiencia de goberno municipal autócrata, enquistado e prepotente.


  A imaxe pública de DOMINGOS DOSIL  é a dun combatente nacionalista infatigable, un modelo de entrega ata a última hora, cando aínda se esparaba moitísimo da súa colaboración a prol do noso país. De Domingos Dosil, pese ás limitacións que o encadeaban a unha cadeira de rodas, pódese dicir, en verdade, que morreu coas botas postas. Habémolo botar de menos.

¡Boa viaxe, amigo!

!