"Uxío Novoneyra, nado como Eugenio Novo Neira en Parada, lugar da parroquia de San Xoán de Seoane do Courel (Folgoso do Courel)[1], o 19 de xaneiro de 1930 [2] e finado enSantiago de Compostela o 30 de outubro de 1999, foi un poeta e escritor galego. Sendo fillo dunha familia de labregos, O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega. Dedicaráselle o Día das Letras Galegas de 2010."
(Na Galipedia, a Wikipedia en galego.)
-